Saltar ao contido

Número de Pell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En matemáticas, os números de Pell e os números de Pell-Lucas son sucesións matemáticas de números enteiros.

Números de Pell

[editar | editar a fonte]

Os números de Pell veñen definidos en recursividade por:

Noutras palabras : comézase por 0 e 1, e entón procúrase o próximo número de Pell engadindo dúas veces o número precedente ó número de Pell anterior. Os primeiros números na secuencia son 0, 1, 2, 5, 12, 29, 70, 169, 408, 985, 2378...