Morcego das ribeiras
Morcego das ribeiras | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Myotis daubentonii (Kuhl, 1817) | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
O morcego das ribeiras (Myotis daubentonii) é unha especie de morcego de tamaño mediano a pequeno con orellas curtas. Habita a área comprendida entre Gran Bretaña e o Xapón e o seu número está a crecer moi rapidamente en varias zonas.
O seu nome científico fai referencia ao naturalista francés Louis Jean-Marie Daubenton.
Descrición
[editar | editar a fonte]O morcego das ribeiras é unha especie de tamaño mediano a pequeno. O seu pelame é dun gris amarronado no lombo e gris prateado no ventre. Os máis novos teñen o pelame máis escuro cós adultos. Os morcegos teñen a cara dun ton rosáceo, aínda que a área ao redor dos seus ollos é pelada. Cando se axita, as súas orellas forman ángulos rectos. As membranas da cola e as ás presentan unha tonalidade marrón escura.
Este animal mide entre 45 a 55 milímetros de longo, cunha lonxitude coas súas ás abertas que promedia 240 a 275 mm. Pesa entre sete e quince gramos.
Tempo de vida
[editar | editar a fonte]Os morcegos das ribeiras poden vivir máis de vinte e dous anos.
Hábitat
[editar | editar a fonte]O morcego das ribeiras pode atoparse ao longo de Gran Bretaña, Europa e en países como o Xapón e Corea. Habita os bosques e aniña en lugares próximos a fontes de auga, como ríos ou canles.
As colonias de verán están formadas en covas subterráneas, túneles, sotos, minas e pontes baixas. Estas colonias sempre están preto da auga. Este morcego tamén hiberna nos mesmos lugares dende setembro até finais de marzo ou abril.
Caza e alimento
[editar | editar a fonte]O morcego das ribeiras é insectívoro e emprega a ecolocalización para achar ás súas presas e para orientarse durante a noite. Emiten sons demasiado altos para ser captados polos humanos para detectar e interpretar o eco creado para construír unha "imaxe auditiva" dos seus arredores. Este morcego emite a ecolocalización en chamadas cuxa frecuencia se atopa entre 32 e 85 kHz, a pesar de que as típicas chamadas acadan 45 ou 50 kHz e teñen unha duración de 3.3 ms.[1][2]
Os morcegos abandonan os seus niños á tardiña e cazan insectos que habitan sobre a auga. A súa dieta principal consiste de pequenas moscas e bolboretas nocturnas. Esta especie adoita comer a súa peza cando aínda está en voo. Un morcego das ribeiras de sete gramos de peso a miúdo regresa ao seu niño con once gramos logo de só unha hora fóra, aumentando de peso nun 57%.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O apareamento leva a cabo no outono e as crías nacen durante a primavera seguinte. As femias reúnense nas colonias maternais de corenta a oitenta morcegos durante xuño e xullo. O morcego das ribeiras é capaz de voar tres semanas despois do seu nacemento e adquire a súa independencia ás seis ou oito semanas de ter nacido.
Conservación
[editar | editar a fonte]Todos os morcegos de Gran Bretaña están protexidos baixo a Acta de Vida Salvaxe e de Campo de 1981. Estes animais tamén están protexidos polas Regulacións para a Conservación de 1994.
O morcego das ribeiras é unha especie en perigo de extinción en Alemaña e Austria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.
- ↑ Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego das ribeiras |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morcego das ribeiras |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Myotis daubentonii(en castelán) no Inventario Español de Especies Terrestres do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
- Myotis daubentonii(en inglés) en Mammal species of the World.