Mykhailo Boychuk
Mykhailo Boychuk (en ucraíno: Миха́йло Льво́вич Бойчу́к), nado en Romanivka (actual oblast de Ternopil, entón Austria-Hungría) o 30 de outubro de 1882, e finado en Kíiv (Ucraína) o 13 de xullo de 1937, foi un pintor ucraíno, recoñecido como monumentalista.[1][2] É un representante da xeración do Renacemento Executado, un conxunto de artistas ucraínos e escritores en lingua ucraína da década de 1920 e 1930 que foron vítimas da represión da Gran Purga stalinista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Romanivka, entón pertencente a Austria-Hungría, e actualmente na rexión de Ternopil en Ucraína. En Lviv, formouse como pintor canda o mestre Yulian Pankevych, continuando en Cracovia, onde se graduou na Academia de Belas Artes no ano 1905.[2] Ademais fixo estadías na academias de Viena e Múnic. Tamén no 1905 fixo unha exposición na Galería Latour de Lviv e, no 1907, expuso en Múnic.[3] Entre 1907 e 1910 viviu en París onde, en 1909, fundou o un estudio e unha escola de seu.[2] Neste período, traballou e foi influído por Félix Vallotton, Paul Sérusier e Maurice Denis. No 1910 protagonizou unha mostra no Salón des Indépendants na que presentou os seus propios traballos e os dos seus estudantes como un rexurdimento de arte bizantina.[3][4] O grupo dos seus discípulos ucraínos foi alcumado co nome de Boychukists.[5] No 1910, Boychuk, de volta en Lviv, traballou como conservador no Museo Nacional. Nunha viaxe Rusia foi confinado pola súa cidadanía austríaca debido ao estalido da primeira guerra mundial. Despois da guerra, Boychuk morou en Kíiv.[2]
No 1917, foi un dos membros fundadores da Academia Estatal de Artes de Ucraína, ensinando nesta institución as técnicas do fresco e o mosaico e no ano 1920 foi nomeado o seu director.[6] Foi cofundador da Asociación da Arte Revolucionaria de Ucraína no 1925. Paralelamente, nese tempo, xa fixera varias obras monumentais de importancia e conformou unha escola de pintores monumentais que se mantivo alén do seu pasamento. Nesta escola estaban importantes artistas como o seu irmán Tymofiy Boychuk e Ivan Padalka.[2]
Debido á Gran Purga, a Asociación da Arte Revolucionaria de Ucraína foi disolta e Boychuk foi executado.[2] A súa muller, Sofiia Nalepinska, tamén un artista, foi tamén vítima da represeión, sendo axustizada uns meses despois do seu home.
Obra
[editar | editar a fonte]Moitos dos traballos de Boychuk, especialmente os frescos e mosaicos, foron destruído despois de ser executado. Mesmo as súas pinturas que foron conservadas nos museos de Lviv, foron destruído logo da segunda guerra mundial. Os proxectos principais levados a cabo por el ou coordinados por Boychuk e a súa escola son considerados como unha importante constribución á arte ucraína e mundial e entre os seus discípulos destacan autores como: Tymofii Boichuk, Ivan Padalka, Vasyl Sedliar, Sofiia Nalepinska, Mykola Kasperovych, Oksana Pavlenko, Antonina Ivanova, Mykola Rokytsky, Kateryna Borodina, Oleksandr Myzin, Kyrylo Hvozdyk, Pavlo Ivanchenko, Serhii Kolos, Okhrym Kravchenko, Hryhorii Dovzhenko, Onufrii Biziukov, Mariia Kotliarevska, Ivan Lypkivsky, Vira Bura-Matsapura, Yaroslava Muzyka, Oleksandr Ruban, Olena Sakhnovska, Manuil Shekhtman, Mariia Trubetska, Kostiantyn Yeleva, e Mariia Yunak.[2]
Canda a algúns destes, Mykhailo Boychuk fixo importantes frescos para edificios públicos logo da Revolución de outubro entre os que destacan: os do Teatro de Ópera e Ballet de Kíiv (1919), os feitos para o Teatro da Ópera de Khárkiv (1921), o pavillón da República Socialista Soviética de Ucraína para a primeira Exposición de agricultura e industria agraria de toda Rusia en Moscova e o Instituto Cooperativo de Kíiv (1923). Máis tarde, cambiou ao estilo de realismo socialista, sobresaíndo os seus traballos no Sanatorio de Campesiño en Odesa (1927–28) e os do Teatro Ucraíno Chervonozavodskyi en Khárkiv (1933–35).[2]
Algúns dos traballos de Mykhailo Boychuk consérvanse no Museo de Arte Nacional de Ucraína.
Galería de obras seleccionadas
[editar | editar a fonte]-
Leiteira
-
A rapaza
-
Retrato dunha muller
-
O profeta Elías
-
Mosaico de San Xoán
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marshall, Herbert (2013-12-04). Masters of the Soviet Cinema: Crippled Creative Biographies (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-317-92870-6.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Boichuk, Mykhailo". www.encyclopediaofukraine.com. Consultado o 2023-03-19.
- ↑ 3,0 3,1 Kubijovyc, Volodymyr, ed. (1984). "Boichuk, Mykhailo". Encyclopedia of Ukraine. 1. p. 260.
- ↑ Marcadé, Jean-Claude (2016). "Quelques remarques sur les traits distinctifs de l’École ukrainienne de peinture dans le premier quart du XXe siècle". Cahiers slaves 14 (1): 279–295. doi:10.3406/casla.2016.1150.
- ↑ "BOYCHUKISM. Great style project - Арсенал" (en inglés). Consultado o 2023-03-19.
- ↑ "Ukrainian State Academy of Arts". www.encyclopediaofukraine.com. Consultado o 2023-03-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mykhailo Boychuk |