Saltar ao contido

Mustavuori, Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panorámica dende o cumio de Mustavuori.

Mustavuori (en galego Montaña Negra) é un esker situado no barrio de Villilä do distrito de Raho, na cidade de Tampere (Finlandia).[1]

A principios da década de 1960 as persoas de Tampere afeccionadas ao esquí comezaron a procura dunha pendente nos arredores da cidade, encontrando en Mustavuori o mellor lugar da rexión para o esquí. Xa en 1967 a Cruz Vermella de Finlandia e a Sociedade de Slálom de Tampere comezaron as actividades relacionadas co esquí nunha pendente despexada da montaña.[2]

Na década de 1970 a propiedade dos terreos e o mantemento da estación de esquí pasaron á cidade de Tampere, que pasou a subcontratar a xestión desta última a partir da década de 1990.[2]

  1. "5 Lounainen suuralue" (PDF). TAMPERE ALUEITTAIN 2013 (en finés) (Cidade de Tampere). 2013. ISBN 978-951-609-690-5.  Texto "páxina 216 " ignorado (Axuda)
  2. 2,0 2,1 "Mustavuoren historia" (en finés). mustavuori.fi. Consultado o 21 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]