Museo de Belas Artes de Boston
Museo de Belas Artes de Boston | |
---|---|
Tipo | museo de arte, 501(c)(3) e organización sen ánimo de lucro |
Data de fundación | 1870 |
Fundador(es) | Martin Brimmer e Charles C. Perkins |
Director/a | Malcolm Rogers, Matthew Teitelbaum, George Harold Edgell, Perry T. Rathbone e Cornelius Vermeule |
Localización | |
Sede | Boston |
Enderezo | Huntington Avenue 465 |
En | Boston |
País | Estados Unidos de América |
42°20′22″N 71°05′39″O / 42.339444444444, -71.094166666667 | |
Na rede | |
http://www.mfa.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Museo de Belas Artes de Boston (en inglés, Museum of Fine Arts, Boston, MFA) é un dos museos máis grandes dos Estados Unidos e contén a segunda colección permanente máis grande no hemisferio occidental, trala do Museo Metropolitano de Arte en Nova York. O director actual do museo é Matthew Teitelbaum.[1]
Foi creado no ano 1870 e inaugurouse en 1876, cunha gran parte das súas coleccións tomada da galería de arte do Ateneo de Boston. Atópase na Avenida Huntington de Boston, Massachusetts dende o ano 1909. Ademais da súa finalidade conservadora, o museo está asociado cunha academia de arte, a Escola de Belas Artes de Boston, e un museo irmán, en Nagoya/Boston Museum of Fine Arts, en Nagoya, Xapón.
Algunhas das obras destacadas deste museo son:
- Antigüidades exipcias, incluíndo esculturas, sarcófagos e xoiería.
- Pintura europea antiga, con obras mestras de fama mundial, de Rogier van der Weyden, O Greco, Velázquez, Jacob Jordaens, Rembrandt...
- Pintura impresionista e postimpresionista francesa, incluíndo cadros de Paul Gauguin como ¿De onde vimos? ¿A onde imos? (D'où venons-nous? Que sommes-nous? Où allons-nous?) e obras de Manet, Renoir, Degas, Monet, Van Gogh, Cézanne entre outros.
- Pintores estadounidenses dos séculos XVIII e XIX, incluíndo moitas obras de John Singleton Copley, Winslow Homer e John Singer Sargent.
- A colección Edward S. Morse de 5.000 pezas de cerámica xaponesa, que forma parte da maior colección de obras xaponesas fóra do Xapón.
- A Galería Gund que alberga exposicións temporais mentres que un xardín xaponés achega un espazo tranquilo e contemplativo fóra do propio museo.
- Frecuentemente alberga exposicións especiais, sendo a máis popular a mostra Art of Star Wars (sobre deseños de A guerra das galaxias) en 2002, que atraeu a máis de 1.652.000 visitantes.
Galería de obras destacadas
[editar | editar a fonte]-
El Greco, Retrato de frei Hortensio Paravicino
-
O Museo de Belas Artes é famoso pola súa colección de obxectos do antigo Exipto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Museo de Belas Artes de Boston |
- ↑ "Matthew Teitelbaum Appointed Director of Museum of Fine Arts, Boston". Museum of Fine Arts Boston (en inglés). Consultado o 2023-06-08.