Saltar ao contido

Mangosta raiada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mungos mungo»)
Mangosta raiada

Masai Mara, Kenya.


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Herpestidae
Xénero: 'Mungos'
Especie: ''M. mungo''
Nome binomial
'Mungos mungo'
Gmelin, 1788
Distribución da mangosta raiada.
Distribución da mangosta raiada.

Distribución da mangosta raiada.
No lago Manyara, Tanzania.

A mangosta raiada (Mungos mungo) é unha especie de mangosta que habita xeralmente nas rexións centrais e orientais de África. Vive na sabana, en bosques abertos e pradarías, e aliméntase principalmente de escaravellos e diplópodos. As mangostas raiadas empregan diferentes tipos de goridas para refuxiarse, incluíndo os montículos das térmites. Mentres que a maioría das especies de mangostas teñen vidas solitarias, as mangostas raiadas viven en colonias cunha complexa estrutura social.

  1. Hoffmann, M. (2008). "Mungos mungo". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 22 de marzo de 2009.  Database entry includes a brief justification of why this species is of least concern.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]