Mula, Murcia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
Capital | Mula (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.382 (2023) (27,44 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 633,38 km² | ||||
Altitude | 313 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jose Iborra Ibañez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30170 | ||||
Código INE | 30029 | ||||
Páxina web | mula.es | ||||
Mula é un municipio do noroeste da Rexión de Murcia, en España. É a capital da comarca do Río Mula. É famosa polas Festas do Neno Xesús de Mula e a Tamborada.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localidades limítrofes
[editar | editar a fonte]Limita:
- ao norte con Calasparra, Cieza e Ricote;
- ao leste con Ricote, Campos del Río, Albudeite, Alcantarilla e Murcia;
- ao sur con Librilla, Alhama de Murcia e Totana;
- ao oeste con Bulas, Cehegín e Lorca.
O municipio de Prego está rodeado completamente polo de Mula.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Mula susténtase principalmente de explotacións agrícolas (arborado de secaño) e algunhas explotacións gandeiras. A industria manufacturera en Mula ten o seu maior investimento no sector da alimentación e das bebidas.
Hai no termo municipal un polígono industrial denominado El Arreaque inaugurado en 2004.
Administración
[editar | editar a fonte]Lista de alcaldes
[editar | editar a fonte]Lexislatura | Nome | Grupo |
---|---|---|
1979-1983 | Antonio Hernández Cava | UCD |
1983-1987 | Bibiano Imbernón García | PSOE |
1987-1991 | Bibiano Imbernón García | PSOE |
1991-1995 | Bibiano Imbernón García | PSOE |
1995-1999 | José Iborra | Partido Popular |
1999-2003 | José Iborra | Partido Popular |
2003-2007 | José Iborra | Partido Popular |
2007- | Diego Cervantes | PSOE |
Monumentos
[editar | editar a fonte]Na praza do concello de Mula atópase a Parroquia, que coa súa torre e a próxima torre do reloxo forman un conxunto monumental.
A igrexa ten planta de cruz latina e nas naves do cruceiro están as capelas máis importantes, á dereita a do Marques dos Vélez e á esquerda a de San Felipe.
Esta parroquia conta cun museo de pintura realizado pola doazón de Pilar de la Canal viúva de Pedro Luis Blaya en 1940. Entre os pintores máis destacados están Ribeira, Mengs, Joaquín Campos,[Cómpre referencia] todos estes cadros estiveron nun museo parroquial dos anos 50 fundado polo sacerdote Esteban Monreal e Monreal.
Outros monumentos relixiosos son o Real Mosteiro da Encarnación, de monxas clarisas, a Parroquia de Santo Domingo de Guzmán, a Ermida da nosa Señora do Carmen, ou a Igrexa da Purísima Concepción, integrada no Convento de San Francisco.
O primeiro que chama a atención é o Castelo, o paso do tempo deixou numerosas pegadas nesta construción realizada non para protexer ao pobo, senón para sometelo.[Cómpre referencia]
A arquitectura do castelo é renacentista é de carácter defensivo e de formas simples, situado sobre un peñasco de roca. Das dúas entradas, a unha delas accédese mediante a parte alta da muralla e torreóns do antigo alcázar musulmán ademais dunha ponte levadiza. Contén catro elementos diferenciadores: unha torre da homenaxe, unha nave central con bóveda de canón, un encostado á nave e alxibe.
Actualmente[cando?] o concello de Mula estea en litixio pola propiedade do castelo e non poida realizar accións sobre el.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mula, Murcia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]