Saltar ao contido

Muhammad al-Bukhari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaImán Editar o valor en Wikidata
Muhammad al-Bukhari

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد بن إسماعيل البخاري Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 810 Editar o valor en Wikidata
Bukhara (Abbásida) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de setembro de 870 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Samarcanda (Abbásida) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAl Bukhari Memorial (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam e Sunnismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoScience of hadith (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmuhaddith, alfaquí, ulema, poeta, historiador Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAhmad ibn Hanbal, Ali ibn al-Madini (en) Traducir, Yahya ibn Ma'in (pt) Traducir, Ishaq Ibn Rahwayh (pt) Traducir, Al-Darimi (pt) Traducir e Q12183100 Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMuslim ibn al-Hajjaj, Ibn Abi Asim (en) Traducir e Abu Isa at-Tirmidhi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiIsmail ibn Ibrahim Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX910218

Abū ‘Abd Allāh Muḥammad ibn Ismā‘īl ibn Ibrāhīm ibn al-Mughīrah ibn Bardizbah al-Ju‘fī al-Bukhārī (en árabe: أبو عبد الله محمد بن إسماعيل بن إبراهيم بن المغيرة بن بردزبه الجعفي البخاري), nado en Bukhara o 21 de xullo de 810 e finado en Khartank o 1 de setembro de 870, tamén coñecido como Bukhārī (en persa: بخاری), Imam al-Bukhari ou Imam Bukhari, foi un ulema persa.[1][2][3] Escribiu unha colección do hadith coñecida como Sahih al-Bukhari, considerado polos musulmáns sunnitas como un nos máis auténticos compiladores do hadith. Tamén escribiu outros libros como Al-Adab al-Mufrad.[4].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacemento

[editar | editar a fonte]

Muhammad ibn Ismaʿil al-Bukhari al-Juʿfi naceu despois da oración do Jumu'ah o venres 21 de xullo de 810 (13 Shawwal 194 AH) na cidade de Bukhara en Transoxiana[5] (actual Uzbekistán).[1][6]

O seu pai, Ismail ibn Ibrahim, estudoso do hadith, foi alumno e asociado de Malik ibn Anas. Algúns estudosos iraquís contaron narracións súas do hadith.[1]

O bisavó Imam Bukhari, al-Mughirah, estableceuse en Bukhara tras aceptar o islam das mans do gobernador de Bukhara, Yaman al-Juʿfi. Como era o costume, converteuse en mawla de Yaman, e a súa familia continuou a levar o nisbah de "al-Juʿfi".[1][6][7]

O pai de Al-Mughirah, Bardizbah, é o devanceiro coñecido máis antigo de Bukhari de acordo coa maioría dos estudosos e historiadores. Era un mago zoroastrista e faleceu como tal. As-Subki é o único estudoso que menciona o pai de Bardizbah, que dixo que se chamaba Bazzabah (en persa: بذذبه). Pouco se sabe de Bardizbah ou de Bazzabah, agás que eran persas e seguían a relixión do seu pobo.[1] Os historiadores tampouco teñen información sobre o avó de Bukhari, Ibrahim ibn al-Mughirah.[1]

Estudos do Hadith e viaxes

[editar | editar a fonte]

O historiador al-Dhahabi describiu os primeiros anos da súa vida académica:

Comezou a estudar o hadith o ano 205 AH. Memorizou as obras de [‘Abdullah] ibn al-Mubaarak cando era neno. Foi criado pola súa nai porque o seu pai morreu cando era un neno. Viaxou coa súa nai e o seu irmán o ano 201 despois de oír as narracións da súa rexión. Comezou a escribir libro e narrar o hadith cando era aínda adolescente. Dixo: "Cando cumrpín dezoito anos, comecei a escribir sobre os Acompañantes e os Seguidores e as súas afirmacións. Isto foi durante o tempo de ‘Ubaid Allah ibn Musa [un dos seus mestres]. Nesa época tamén escribín un libro de historia na tumba do profeta de noite durante un plenilunio".[8]
Viaxes de Bukhari buscando e estudando o hadith.

Aos dezaseis anos, el, o seu irmán e a nai viúva, fixeron a peregrinación á Meca. Dende alí realizou unha serie de viaxes para incrementar o seu coñecemento do hadith. Visitou todos os centros de aprendizaxe islámica importantes nesa época, falou con estudosos e intercambiou información sobre o hadith.

Posteriormente volveu a Bukhara, e alí redactou o seu al-Jami' as-Sahih, colección de 7275 tradicións, clasificadas en capítulos para permitir a creación dunha base para un sistema completo de xurisprudencia sen o uso dunha lei especulativa.

O seu libro é amplamente recoñecido entre os sunnitas e está considerado a colección máis auténtica do hadith, mesmo por diante de Muwatta Imam Malik e do estudante de Bukhari Muslim ibn al-Hajjaj. Moitos estudosos sunnitas considérano segundo só despois do Corán en termos de autenticidade. Tamén compuxo outros libros, incluído al-Adab al-Mufrad, colección de hadiths sobre ética e formas, e dous libros con biografías de narradores de hadith.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

O ano 864/250, estableceuse en Nishapur. Foi alí onde coñeceu a Muslim ibn al-Hajjaj. Foi considerado o seu alumno, e finalmente coleccionista e organizador da colección de hadith Sahih Muslim, segunda só despois da de al-Bukhari. Os problemas políticos levárono a marchar a Khartank, aldea próxima de Samarcanda, onde faleceu o ano 870/256.[9]

Memorial do Imam Al Bukhari

A tumba sitúase no complexo de Imam al-Bukhari, na aldead de Hartang, a 25 quilómetros de Samarcanda. Foi restaurada en 1998 despois de séculos abandono e deterioración. O complexo consiste na tumba, unha mesquita, unha madrassah, biblioteca e unha pequena colección de coráns. A tumba a nivel do chan é só un cenotafio, e a tumba real está nunha pequena cripta baixo a estrutura moderna.[10]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 ibn ʿAlee ibn ʿAbdul-Maujood, Salaahud-Deen (decembro de 2005). The Biography of Imam Bukhaaree. Translated by Faisal Shafeeq (1.ª ed.). Riyadh: Darussalam. ISBN 9960969053. 
  2. Bourgoin, Suzanne Michele; Byers, Paula Kay, eds. (1998). "Bukhari". Encyclopedia of World Biography (2nd ed.). Gale. p. 112. ISBN 9780787625436. 
  3. Lang, David Marshall, ed. (1971). "Bukhārī". A Guide to Eastern Literatures. Praeger. p. 33. 
  4. "Al-Adab al-Mufrad". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2014. Consultado o 23 de maio de 2020. 
  5. "Encyclopædia Britannica". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Melchert, Christopher. "al-Bukhārī". Encyclopaedia of Islam, THREE. Brill Online. [Ligazón morta]
  7. Robson, J. (24 de abril de 2012). "al-Bukhārī, Muḥammad b. Ismāʿīl". Encyclopaedia of Islam, Second Edition. Brill Online. 
  8. Tathkirah al-Huffath, vol. 2, pg. 104-5, al-Kutub al-‘Ilmiyyah edition
  9. Khair, Tabish (2006). Other Routes: 1500 Years of African and Asian Travel Writing. Signal Books. pp. 393–. ISBN 978-1-904955-11-5. 
  10. "Tomb of Imam al-Bukhari". Madain Project. Consultado o 12 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ghassan Abdul-Jabbar, Bukhari, Londres, 2007
  • Muḥammad ʿIṣām ʿArār al-Ḥasanī, Itḥāf al-qāriʾ bi-maʿrifat juhūd wa-aʿmāl al-ʿulamāʾ ʿalā Ṣaḥīḥ al-Bukhārī, Damascus 1407/1987
  • Jonathan Brown, The canonization of al-Bukhārī and Muslim, Leiden 2007
  • Eerik Dickinson, The development of early Sunnite ḥadīth criticism, Leiden 2001
  • Mohammad Fadel, "Ibn Ḥajar’s Hady al-sārī," JNES 54 (1995), 161–97
  • Johann W. Fück, "Beiträge zur Überlieferungsgeschichte von Bukhārī’s Traditionssammlung," ZDMG 92 (n.s. 17, 1938), 60–87
  • Ignaz Goldziher, Muslim studies, ed. S. M. Stern, trans. C. R. Barber and S. M. Stern (Chicago 1968–71), 2:216–29
  • Nizār b. ʿAbd al-Karīm b. Sulṭān al-Ḥamadānī, al-Imām al-Bukhārī, Mecca 1412/1992
  • al-Ḥusaynī ʿAbd al-Majīd Hāshim, al-Imām al-Bukhārī, Cairo n.d.
  • Abū Bakr al-Kāfī, Manhaj al-Imām al-Bukhārī, Beirut 1421/2000
  • Najm ʿAbd al-Raḥmān Khalaf, Istidrākāt ʿalā Taʾrīkh al-turāth al-ʿArabī li-Fuʾād Sizkīn fī ʿilm al-ḥadīth (Beirut 1421/2000), 135–264
  • Scott C. Lucas, "The legal principles of Muḥammad b. Ismāʿīl al-Bukhārī and their relationship to classical Salafi Islam," ILS 13 (2006), 289–324
  • Christopher Melchert, "Bukhārī and early hadith criticism," JAOS 121 (2001), 7–19
  • Christopher Melchert, "Bukhārī and his Ṣaḥīḥ," Le Muséon 123 (2010), 425–54
  • Alphonse Mingana, An important manuscript of the traditions of Bukhārī, Cambridge 1936
  • Rosemarie Quiring-Zoche, "How al-Bukhārī’s Ṣaḥīḥ was edited in the Middle Ages. ʿAlī al-Yūnīnī and his rumūz," BEO 50 (1998), 191–222
  • Fuat Sezgin, Buhârî’nin kaynakları, Istanbul 1956
  • Umm ʿAbdallāh bt. Maḥrūs al-ʿAsalī et al., Fihris Muṣannafāt al-Imām Abī ʿAbdallāh Muḥammad b. Ismāʿīl al-Bukhārī…fīmā ʿadā al-Ṣaḥīḥ, Riyadh 1408/1987–8

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]