Saltar ao contido

Moya Brennan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMoya Brennan

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ga) Máire Philomena Ní Bhraonáin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Gaoth Dobhair, Irlanda Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Irish Academy of Music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora, guitarrista, filántropa, compositora de cancións, arpista, produtora musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoNew age Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoArpa e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBertelsmann Music Group
Atlantic Records Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLeo Brennan Editar o valor en Wikidata
IrmánsPól Brennan
Enya
Brídín Brennan
Ciarán Brennan Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmoyabrennan.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1198998 Facebook: MoyaBrennanOfficial Twitter: moyaclannad Instagram: moyabrennan MySpace: moyabrennan Spotify: 3ZvmmlF8EMEpnnK90jfuJv iTunes: 78085 Last fm: Máire Brennan Musicbrainz: 51823891-6035-4d6c-a007-b70a86747023 Songkick: 186391 Discogs: 10932 Allmusic: mn0000226154 WikiTree: Ní_Bhraonáin-2 Deezer: 64358 Genius: Moya-brennan Editar o valor en Wikidata

Moya Brennan, coñecida artisticamente ata 2002 como Máire Brennan e nada Máire Philomena Ní Bhraonáin[1] en Dublín o 4 de agosto de 1952, é unha cantante, letrista e harpista irlandesa que principiou a súa carreira ao formar a súa familia a banda Clannad[2] e está considerada unha das voces máis recoñecidas da música celta, coñecida como "primeira dama da música celta"[3]. A partir de 1992 comezou unha carreira en solitario con éxito, o seu primeiro álbum saíu en 1992 co título de Máire e foi candidata a dous Grammy. Gravou varias bandas sonoras, entre as que salientan Titanic, To End All Wars e King Arthur.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Tabhairne Leo, o local que rexentaba a súa familia e onde Moya comezou a cantar de cativa.

Malia nacer na capital irlandesa, logo de seus pais fuxiren do condado de Donegal para casar no de Louth, medrou como a filla máis vella dunha familia ligada á música en Gaoth Dobhair, a maior parroquia de Irlanda onde o irlandés permanece como a lingua principal de uso diario da maioría da poboación[4]. Súa nai, Máire, era profesora de música, e seu pai, Leo Brennan, formaba parte dun grupo de cabaré co que tamén actuaba Moya dende cativiña. A parella tivo catro fillas máis: Deirdre, Lugh (máis coñecida como Enya), Olive e Brídín e catro fillos: Ciarán, Pól, Leon e Bartley. De nena cantou canda seus irmáns no pub da familia, Tábhairne Leo na aldea de Mín na Leice, a pouca distancia da casa familiar. Tamén participou en espectáculos de pantomimas no teatro local, o Amharclann Ghaoth Dobhair. Despois de rematar a escola secundaria estudou arpa, piano e canto uns anos na Real Academia Irlandesa de Música de Dublín e ensinou música no Holy Cross College de An Fál Carrach, xa no condado de Donegal.

Moya durante unha actuación con Clannad no Festival Folk de Leeds en 1982

En 1970 Moya xuntouse, cos seus irmáns Pól e Ciarán e os irmáns xemelgos de súa nai Noel e Pádraig Ó Dúgáin, nun grupo que acabou por se denominar Clannad e que o músico Tony MacMahon introduciu por primeira volta na televisión no seu programa Glór[5]. Despois dunha década de estar entre os grupos musicais máis coñecidos de Irlanda, Clannad acadou as listas de éxitos en 1982, co sinxelo "Theme from Harry's Game" do álbum Magical Ring. En pouco tempo a voz de Brennan tornou en sinónimo de música celta e música Irlandesa. Gravou 17 álbums con Clannad e gañou un premio Grammy, un BAFTA e un Ivor Novello co quinteto. A súa irmá, Eithene Ní Bhraonáin, pasou un par de anos con Clannad a principios da década de 1980, e logo continuou unha moi exitosa carreira en solitario baixo o nome de Enya.

Carreira en solitario

[editar | editar a fonte]

A inicios da década de 1990 Moya sufriu unha transformación persoal centrada na adopción do cristianismo como eixo da súa vida[6] o que se reflectiu ao longo da súa carreira nas súas cancións, moitas delas cun forte compoñente cristián e espiritual[7]. Esas mudanzas persoais recolleunas na súa autobiografía The Other Side of the Rainbow que publicou en 2000 e no que ademais da súa carreira musical fala do que denomina os seus "anos escuros" nos que tivo problemas co alcohol e as drogas ademais de realizar un aborto e logo dun período de avaliación da súa vida rexurdiu como unha cristiá comprometida.

En 1992 apareceu o seu primeiro álbum en solitario foi Máire con Atlantic Records ao que lle seguiu Misty Eyes Adventures en BGM tres anos máis tarde. En 1995 realizou un dueto con Shane MacGowan co tema "You're the One" para a película Circle of Friends. En 1998 asinou con Word Records e saíu Perfect Time e Whisper to the Wild Water un ano máis tarde e foi candidato ao mellor álbum New Age nos Grammy en 2001. Publicou a súa autobiografía, The Other Side of the Rainbow, en 2000 e interpretou a canción "Perfect Time" na Xornada Mundial da Xuventude en Roma fronte unha multitude de peregrinos e Xoán Paulo II o que considerou unha honra, malia non ser católica ao crer no respecto mutuo entre os cristiáns[6], e tamén gravou no álbum do acontemento, One. Realizou un dueto con Booley, que logo mudou o nome a Duke Special. A canción "Peace Has Broken Out" trata do conflito en Irlanda no Norte.

Na película King Arthur (2004) cantou, e escribiu con Hans Zimmer, o tema "Tell Me Now (What You See)" e tamén escribiu cancións para To End All Wars (2001). Brennan colaborou con moitos outros músicos, entre os que salientan Chicane, Alan Parsons, Bono, Robert Plant, Van Morrison, Michael McDonald dos Doobie Brothers, Bruce Hornsby, Joe Elliott, The Chieftains, Paul Young, Paul Brady, Michael Crawford, Joe Jackson e Ronan Keating.

Moya Brennan en 2011

Brennan gravou 25 álbums e vendeu uns 20 millóns de discos. A partir de 2002 empregou como nome artístico Moya Brennan, pronuncia que se aproxima foneticamente ao seu nome irlandés[8], e en 2009[1] cambiou legalmente o seu nome e xa con ese nome lanzou en 2003 o álbum Two Horizons baixo o seu novo selo, Universal. Colaborou con Chicane para interpretar a voz do sinxelo "Saltwater", que tamén apareceu na campaña publicitaria de VisitScotland e mais tamén empregou Fáilte Ireland para promover Irlanda, así como o concello de Belfast en anuncios de televisión. En 2003 foi embaixadora de boa vontade da Christian Blind Mission de Irlanda e viaxou a Ruanda e ao Congo mais por mor da violencia neste país tiveron que a evacuar a Kenya; non obstante, volveu en 2005 e protagonizou un documental para a canle en irlandés TG4. Nos anos seguintes na súa calidade de embaixadora da CBM realizou viaxes ao Brasil, Belize e Tanzania.

O 17 de marzo de 2004 actuou no Capitol Hill diante do presidente estadounidense George W. Bush e dignatarios irlandeses e durante a vixilia na Xornada Mundial da Xuventude de 2005, en Colonia, diante Bieito XVI na fronte dun millón de persoas e foi tamén parte do CD oficial Building on World.

En 2006 sacou un álbum natalicio, An Irish Christmas e o ano seguinte viu a luz o álbum Signature que describiu como unha colección de imaxes da súa vida e aínda que só incluíu unha canción en irlandés, a súa lingua materna está presente en todo o álbum por medio dos coros. Ao longo de 2007 e 2008 mentres realizaba xiras de promoción de Signature gravou colaboracións para álbums de Iona e Joanne Hogg e tamén co grupo Grand Canal realizou a canción oficial para o equipo olímpico irlandés de 2008,

Moya nun concerto con Clannad en 2014

O seu álbum en directo Heart Strings gravouno coa Royal Liverpool Philharmonic en outubro e novembro de 2007 e saíu en setembro de 2008 e realizou xiras nos Países Baixos, Alemaña, Irlanda e o Reino Unido para promover o álbum[9][10].

En abril de 2010 apareceu un novo álbum de estudio co arpista Cormac de Barra baixo o título de My Match Is a Makin' en exclusiva para a súa xira de primavera de 2010 nos Países Baixos e ao ano seguinte apareceu unha versión remasterizada para a súa venda xeral co título Voices & Harps e en 2013 gravou un novo álbum en colaboración con de Barra, Voices & Harps – Affinity.

En 2017 editou Canvas, o seu primeiro álbum en solitario en case unha década[11] no que participaron como letristas dous dos seus fillos.

En 2020 formou parte do coelctivo de cantantes e músicas, "Irish Women in Harmony", que gravaron unha versión da canción "Dreams" de The Cranberries para colaborar con Safe Ireland na súa campaña contra da violencia doméstica que en Irlanda aumentou durante a pandemia por coronavirus[12][13].

Discografía

[editar | editar a fonte]
Brennan nunha actuación con Clannad en Lorient en 2013

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]

Álbums en directo

[editar | editar a fonte]

Álbums con fins benéficos

[editar | editar a fonte]

Compilacións e colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • 1987 – "The Awakening" – con Paul Brady (en Primitive Dance)
  • 1990 – "Put 'em Under Pressure" (sinxelo)
  • 1991 – "Bring It All Back Home" – con An Emotional Fish (en Blue)
  • 1993 – "Come into My Life" – con Robert Plant (en Fate of Nations)
  • 1993 – "Dream Fields" – con Runrig (en Amazing Things)
  • 1994 – "Almond Skin" – con Sonny Condell (en Someone To Dance With)
  • 1994 – "Dream Sequence" – con Sonny Condell (en Someone To Dance With)
  • 1994 – "The Man Who Wrote Danny Boy" – con Joe Jackson (en Night Music)
  • 1994 – "As Tears Go By" – con London Symphony Orchestra (en Symphonic Music of the Rolling Stones)
  • 1995 – "You're The One" – con Shane MacGowan (na banda sonora de Circle of Friends soundtrack)
  • 1995 – "Luman Michael O'Suilleabhain" – con Brian Kennedy (en Between Worlds)
  • 1996 – "Ó Bhean a' Tí" – con Dónal Lunny, Brídín Brennan e Deirdre Brennan (en Common Ground: The Voices Of Modern Irish Music)
  • 1996 – "Everything Changes" – con Iona (en Journey into the Morn)
  • 1998 – "Amazing Grace" – con Michael Crawford (en On Eagles Wings)
  • 1998 – "Come Josephine in My Flying Machine" (na banda sonora de Back to Titanic)
  • 1999 – "Saltwater" – con Chicane
  • 1999 – "Don't Give Up" – con Michael McDonald (en Streams & Whisper to the Wild Water)
  • 1999 – "The Call of the Wild" – con Alan Parsons (en The Time Machine)
  • 1999 – "Lullabies" (en Silent Night) – con The Chieftains e Paola Cecchi (en Silent Night: A Christmas in Rome)
  • 2000 – "Saylon Dola" – con Russell Watson (en The Voice)
  • 2000 – "No Scenes of Stately Majesty" (en The Greatest Story Ever Sung)
  • 2000 – "Fairytale of New York" – con Ronan Keating (en The Way You Make Me Feel)
  • 2000 – "Peace Has Broken Out" – con Booley (en One)
  • 2000 – "Ceolfaidh Mé" (en Fields of Hope: Fight Against Famine)
  • 2000 – "The Light on the Hill" (en St. Patrick: The Irish Legend soundtrack)
  • 2000 – "Over Blue City" – con Skypark (en Over Blue City)
  • 2000 – "Rose of Bethlehem" (en One Silent Night)
  • 2001 – New Irish Hymns – con Margaret Becker e Joanne Hogg
  • 2001 – "O Jesus Friend Unfailing" (en The Sound of Grace: Focusfest 2001)
  • 2001 – To End All Wars - banda sonora
  • 2001 – "Band of Brothers Requiem" – con Michael Kamen (na banda sonora de Band of Brothers)
  • 2003 – "Ave Maria" – con Dominic Miller (en Shapes)
  • 2003 – "Codail A Linbh (Sleep O Child)" – con Phil Coulter (en An Irish Holiday)
  • 2004 – Tell Me Now (What You See), All of Them & Woad to Ruin – con Hans Zimmer (en King Arthur)
  • 2004 – "Labyrinth Prelude", "Labyrinth" – con Liam Lawton (en Another World)
  • 2005 – "Hidden" – con Hazel O'Connor (en Hidden Heart)
  • 2005 – "Beautiful Dreamer" – con Brian Kennedy (en On Song 2: Red Sails in the Sunset)
  • 2005 – "Miles And Miles", "Falling" – con Schiller (en Day and Night (Tag Und Nacht))
  • 2005 – "Away", "The Rubicon" – con The Duggans (en Rubicon)
  • 2005 – "I'll See You" – con Delirious? (en The Mission Bell)
  • 2005 – "Kiss The Book", "Like the Baseless Fabric" & "Set Me Free" (no videoxogo Book of Watermarks)
  • 2008 – "I Will Never Love Again" – dueto con Christie Hennessy (en The Two of Us)
  • 2008 – "You Are Beautiful" – The Worship Lounge (varios artistas)
  • 2008 – Rafael's Journey – con Joanne Hogg
  • 2008 – "Green to Gold" – con Grand Canal (en Green To Gold)
  • 2008 – Sanctuary (varios artistas)
  • 2008 – Down by the Sea-Ashley Davis-This I Do
  • 2009 – Ceol Cheann Dubhrann (varios artistas)
  • 2009 – Love Will Bring You Home-Sharon Kips Welcome Home (dueto con Sharon Kips)
  • 2009 – Honey Promises Sinead Madden
  • 2010 – Welcome Home: The Music Of Ireland (varios artistas)
  • 2010 – Nowhere to Now Here (na banda sonora de Nowhere to Now Here)
  • 2010 –Welcome To America: The Music of Ireland
  • 2011 – "The Dream" con Secret Garden (en "Winter Poem")[14]
  • 2011 – "An t-Eibhlín Marie" no álbum "Le Cuidiú Dé"
  1. 1,0 1,1 Colin Coyle (15 de maio de 2009). "Surge in deed poll name changes". Times Online. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2010. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  2. Fiona Murray (2 de maio de 2004). "Beautiful night for Clannad star". BBC News. 
  3. Hoch, Matthew (2019). So You Want to Sing World Music: A Guide for Performers. Rowman & Littlefield. p. 213. 
  4. "Census of Population 2016 – Profile 10 Education, Skills and the Irish Language". An Phríomh-Oifig Staidrimh. 
  5. Fintan Vallely e Charlie Piggott (1998). Blooming Meadows: The World of Irish Traditional Musicians. Town House. p. 128. 
  6. 6,0 6,1 David Kithcart. "Moya Brennan: Her Prince, Her Peace, and Her Praise". Christian Broadcasting Network. 
  7. Trevor Raggatt (10 de abril de 2007). "Moya Brennan: The Voice Of Clannad With The Celtic 'Signature' Sound". Cross Rhytms. 
  8. Franziska Kast (6 de decembro de 2017). "Moya Brennan: Sometimes it seems like all roads lead back to Donegal". Irish Culture Events. 
  9. "Official Heart Strings Details announced!". Clannad.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2011. 
  10. News Archives Arquivado 19 de decembro de 2008 en Wayback Machine. en MoyaBrennan.com
  11. "MOYA BRENNAN – New album" Irish Music Magazien , 19 de xaneiro de 2017
  12. Boland, Rosita (19 de xuño de 2020). "Irish Women in Harmony record Cranberries song in aid of Safe Ireland". The Irish Times. 
  13. "Irish Women in Harmony". MCD.ie. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2020. Consultado o 05 de decembro de 2020. 
  14. "Winter Poem". Valley Entertainment-Hearts of Space Records.