Saltar ao contido

Motilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moitas bacterias presentan motilidade por medio dun movemento flaxelar e poden ter máis dun flaxelo. Os diferentes tipos de disposición dos flaxelos bacterianos: A-Monotrico; B-Lofotrico; C-Anfitrico; D-Peritrico.

A motilidade[1][2] é a capacidade dun organismo de moverse independentemente ou mover algunha das súas partes usando enerxía metabólica. Pode referirse á motilidade dun organismo enteiro, dunha célula (motilidade dos espermatozoides, dunha bacteria etc.) ou de partes dunha célula (motilidade das microvilosidades intestinais).

Definicións

[editar | editar a fonte]

A motilidade é a capacidade dun organimso de moverse independentemente usando enerxía metabólica,[3] e está en contraposición á sesilidade, que é o estado do organismo que non posúe un medio de autolocomoción e que normalmente é inmóbil.

O significado de motilidade e mobilidade é moi similar, pero diferéncianse en que mobilidade é a capacidade dun obxecto de ser movido,[4] mentres que motilidade é a capacidade de moverse el por si mesmo.[1] De todos modos, ás veces utilízanse practicamente como sinónimas. O termo vaxilidade comprende ambos os conceptos de motilidade e mobilidade; os organismos sésiles, como plantas e fungos, a miúdo teñen partes con vaxilidade como froitos, sementes ou esporas dispersables por outros axentes como o vento, auga ou outros organismos.[5]

A motilidade está determinada xeneticamente,[6] pero pode ser afectada por factores ambientais como toxinas. O sistema nervioso e o musculoesquelético dos animais proporciona a maior parte da súa motilidade.[7][8][9]

Ademais da locomoción animal, a maioría dos animais teñen motilidade, aínda que algúns teñen vaxilidade, descrita como locomoción pasiva. Moitas bacterias e outros microorganismos e organismos multicelulares son mótiles; algúns mecanismos para o fluxo de fluídos e órganos e tecidos son tamén considerados exemplos de motilidade, como a motilidade intestinal (que fai que se nos movan as tripas) ou en células e tecidos (motilidade das microvilosidades intestinais ou dos cilios de epitelios ciliados). Os animais mariños adoitan chamarse nadadores libres,[10][11][12] e os organismos mótiles e non parasitos denomínanse de vida libre.[13]

A motilidade inclúe a capacidade dun organismo de facer que se mova a comida ao longo do seu tracto gastrointestinal. Hai dous tipos de motilidade intestinal: peristalse e contraccións de segmentación.[14] Esta motilidade débese á contracción de fibras de músculos lisos na parede do tracto gastrointestinal que mestura o contido luminal con varias secrecións e móveis desde a boca ao ano.[15]

Nivel celular

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Migración celular.
O citoesqueleto eucariota induce o movemento das células a través de líquidos ou sobre superficies, a división que orixina novas células así como guía o transporte de orgánulos polo interior da célula. Este vídeo captura os citoesqueletos tinguidos dun corte transversal dunha folla de Arabidopsis thaliana.[16]
O espermatozoide é unha das células con motilidade do corpo humano, neste caso por medio de flaxelos. Outras móvense por movementos ameboides.

Os elementos do citoesqueleto como os microfilamentos de actina do citoplasma e microtúbulos (do eixe de cilios e flaxelos) son responsables da maioría dos tipos de motilidade de toda a célula no seu conxunto ou de partes internas da mesma. A contracción muscular, que move todo o organismo depende tamén de filamentos citoesqueléticos contráctiles. Durante a formación dos tecidos no desenvolvemento embrionario, a curación de feridas e a resposta inmune son necesarios movementos orquestrados das células en determinadas direccións para chegaren a lugares específicos, que se denominan migración celular.

A nivel celular existen diferentes tipos de movemento:

Non obstante, hai moitas células que non son mótiles, como as das bacterias Klebsiella pneumoniae e Shigella, e outras son inmóbiles en certas circunstancias, como Yersinia enterocolitica cando está a 37 °C.[20]

Movementos

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Taxia.

Os eventos percibidos como movementos poden estar dirixidos:

  • ao longo dun gradiente químico (quimiotaxe)
  • ao longo dun gradiente de temperatura (termotaxe)
  • ao longo dun gradiente de luz (fototaxe)
  • ao longo das liñas dun campo magnético (magnetotaxe)
  • ao longo dun campo eléctrico (galvanotaxe)
  • ao longo da dirección da forza da gravidade (gravitaxe)
  • ao longo dun gradiente de rixidez (durotaxe)
  • ao longo dun gradiente de sitios de adhesión celular (haptotaxe)
  • ao longo doutras células ou biopolímeros.
  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para motilidade.
  2. Definición de motilidade no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Motility" (PDF). Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mobilidade.
  5. "Botanical Nerd Word: Vagile". torontobotanicalgarden.ca/. 7 de novembro de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  6. Nüsslein-Volhard, Christiane (2006). "6 Form and Form Changes". Coming to life: how genes drive development. San Diego, California: Kales Press. p. 75. ISBN 978-0979845604. Duranto o desenvolvemento, calquera cambio na forma da célula é precedido dun cambio na actividade xénica. 
  7. Fullick, Ann (2009). "7.1". Edexcel A2-level biology. Harlow: Pearson. p. 138. ISBN 978-1-4082-0602-7. 
  8. Fullick, Ann (2009). "6.1". Edexcel A2-level biology. Harlow: Pearson. p. 67. ISBN 978-1-4082-0602-7. 
  9. E. Cooper, Chris; C. Brown, Guy (outubro de 2008). "The inhibition of mitochondrial cytochrome oxidase by the gases carbon monoxide, nitric oxide, hydrogen cyanide and hydrogen sulfide: chemical mechanism and physiological significance". Journal of Bioenergetics and Biomembranes 40 (5): 533–539. PMID 18839291. doi:10.1007/s10863-008-9166-6. 
  10. Krohn, Martha M.; Boisdair, Daniel (maio de 1994). "Use of a Stereo-video System to Estimate the Energy Expenditure of Free-swimming Fish". Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences 51 (5): 1119–1127. doi:10.1139/f94-111. 
  11. Cooke, Steven J.; Thorstad, Eva B.; Hinch, Scott G. (marzo de 2004). "Activity and energetics of free-swimming fish: insights from electromyogram telemetry". Fish and Fisheries 5 (1): 21–52. doi:10.1111/j.1467-2960.2004.00136.x. 
  12. Carey, Francis G.; Lawson, Kenneth D. (febreiro de 1973). "Temperature regulation in free-swimming bluefin tuna". Comparative Biochemistry and Physiology A 44 (2): 375–392. PMID 4145757. doi:10.1016/0300-9629(73)90490-8. 
  13. "About Parasites". Centers for Disease Control. Consultado o 29 de setembro de 2020. Os protozoos son organismos microscópicos unicelulares que poden ser pola súa natureza de vida libre ou parasitos. 
  14. EMedicine 179937 Intestinal Motility Disorders
  15. Wildmarier, Eric P.; Raff, Hershel; Strang, Kevin T. (2016). Vander's Human Physiology: The Mechanisms of Body Function (14th ed). New York, NY: McGraw Hill. pp. 528. 
  16. Alberts, Bruce; Johnson, Alexander; Lewis, Juian; Raff, Martin; Roberts, Keith; Walter, Peter (2008). "16". Molecular biology of the cell (5th ed.). New York: Garland Science. p. 965. ISBN 978-0-8153-4106-2. 
  17. Van Haastert, Peter J. M. (2011). "Amoeboid Cells Use Protrusions for Walking, Gliding and Swimming". PLOS ONE 6 (11): e27532. Bibcode:2011PLoSO...627532V. PMC 3212573. PMID 22096590. doi:10.1371/journal.pone.0027532. 
  18. Bae, A. J.; Bodenschatz, E. (2010). "On the swimming of Dictyostelium amoebae". Proceedings of the National Academy of Sciences 107 (44): E165–6. Bibcode:2010PNAS..107E.165B. PMC 2973909. PMID 20921382. arXiv:1008.3709. doi:10.1073/pnas.1011900107. 
  19. Gilbert, Scott (2006). Developmental biology (8th. ed.). Sunderland, Mass.: Sinauer Associates, Inc. Publishers. p. 395. ISBN 9780878932504. 
  20. Badger JL, Miller VL. Expression of invasin and motility are coordinately regulated in Yersinia enterocolitica. J Bacteriol. 1998 Feb;180(4):793-800. doi: 10.1128/JB.180.4.793-800.1998. PMID 9473031; PMCID: PMC106956.