Saltar ao contido

Morgan Robertson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMorgan Robertson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Oswego, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1915 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Atlantic City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreen-Wood Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, novela e conto Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninventor, escritor de ciencia ficción, escritor, novelista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1894 Editar o valor en Wikidata - 1915 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoConto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0731966 BNE: XX5084822 WikiTree: Robertson-8160 Find a Grave: 14287597 Editar o valor en Wikidata


Morgan Robertson nado o 30 de setembro de 1861 e finado en Nova Jersey o 24 de marzo de 1915, foi un escritor estadounidense de pequenos relatos e novelas, amais de estar considerado como o posible inventor do periscopio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É coñecido por ser o autor da novela O afundimento do Titán, publicada en 1898. A historia mostra a un barco de pasaxeiros inglés o Titan, do que se dicía que era insomerxible, polo que levaba poucos botes salvavidas. Nunha viaxe no mes de abril, o Titan choca contra un iceberg e afunde no océano Atlántico norte coa perda da maioría da pasaxe.

As semellanzas entre o afundimento do Titan e o afundimento do RMS Titanic en 1912 atraen aínda hoxe a atención aínda que haxa algunhas diferenzas: por exemplo, o Titan afunde case ó momento de chocar mentres que o Titanic tarda case tres horas.

En 1905, o libro de Robertson titulado The Submarine Destroyer saíu á venda. Describía como un submarino que empregaba un obxecto chamado periscopio. Malia coas reclamacións por parte de Roberson de ter inventado o prototipo de periscopio, Lake e Grubbs perfeccionárono empregándoo no U.S Navy no ano 1902, 3 anos antes da novela de Robertson.

O 24 de marzo de 1915, Morgan Robertson foi atopado morto no Hotel Alamac de Atlantic City en Nova Jersey.