Morea anelada
Morea anelada Channomuraena vittata | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||
Channomuraena vittata (Richardson, 1845) [1] | |||||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
A morea anelada,[2] Channomuraena vittata (Richardson, 1845) é un peixe angüiliforme da familia dos murénidos, subfamilia dos uropterixiínos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1845 polo naturalista, explorador, militar, e médico cirutxián escocés John Richardson como Nettastoma vittata, sendo despois reclasifiucada no xénero Channomuraena.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os machos poden chegar a alcanzar os 150 cm de lonxitude total.[3]
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]É unha especie de distribución circumtropical.
Encóntrase nas costas dos océanos:[3]
- Índico: illas da Reunión, Mauricio e de Nadal)
- Pacífico occidental: nas illas Palau e Hawai.
- Atlántico occidental: Bermudas, Bahamas e no mar Caribe.
- Pode encontrarse tamén no sur da Florida, (Estados Unidos) e no noroeste do golfo de México, e tamén se citou a súa presenza nas costas de Baía (Brasil) e das illas do Atlántico oriental.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]A morea anelada é unha especie bentónica e solitaria, de hábitos nocturnos, que vive nas pendentes do noiro continental, agochándose en fendas das rochas.[3]
Pesca
[editar | editar a fonte]É obxecto de pesca comercial no Atlántico centroocidental, nas áreas de pesca 34, e parte da 47.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Böhlke, J. E. (1981): "Muraenidae", en W. Fischer, G. Bianchi & W. B. Scott (eds.) FAO species identification sheets for fishery purpose. Eastern Central Atlantic, Fishing Areas 34, 47 (en parte), Vol. 3. FAO, Roma.
- McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New Yorh: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.