Morcego mediterráneo de ferradura
Morcego mediterráneo de ferradura | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Rhinolophus euryale Blasius, 1853 | |||||||||||||||||||||
Distribución Rhinolophus euryale en Galiza
| |||||||||||||||||||||
Distribución da especie no mundo
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale) é unha especie de morcego dun tamaño intermedio entre o Rhinolophus ferrumequinum e o Rhinolophus hipposideros. dos que se diferenza pola forma da cadeira, que é puntiaguda e lixeiramente inclinada. Diferénciase tamén pola forma da ferradura, que no caso do morcego mediterráneo conta con tres sucos verticais, tamén a cor interior das súas orellas é rosada, mentres nos outros é escura; e a súa forma de envolverse coas ás durante o repouso, onde mantén as súas ás case recollidas e amosando case toda a súa área pectoral.
- Talle- Cabeza e corpo, entre 4,2 a 5,8 cm.
- Lonxitude da cola- 2,2 a 3 cm.
- Envergadura- 38 cm.
- Peso- de 8 a 17,5 gramos.
Distribución
[editar | editar a fonte]Esténdese dende a Península Ibérica, sur de Europa, Marrocos, Alxeria e Tunisia, Oriente Medio e sur do Cáucaso, ata Turkmenistán. En Europa o límite setentrional, pasa polo centro de Francia, norte de Italia e noroeste de Romanía, non habitando en zonas de alta montaña ou moi áridas.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Especie termófila, depende de espazos forestais heteroxéneos e cultivos tradicionais, situados en proximidades de zonas con abondosidade de cavidades para refuxio. Aliméntase principalmente de avelaíñas nocturnas, aínda que tamén aproveitan explosións demográficas de pequenos escaravellos do xénero Rhizothrogus. Captura as súas presas voando baixo ou sobre a foresta ou dende perchas á espreita.
Ameazas
[editar | editar a fonte]Como á maioría dos quirópteros, son as perturbacións nos refuxios, xa sexan de cría ou hibernación, como a perda e degradación do seu hábitat e a diminución de presas dispoñibles pola utilización masiva de pesticidas agrícolas e forestais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego mediterráneo de ferradura |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- '"Rhinolophus euryale"en Atlas de mamíferos terrestres.Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
- (en) Rhinolophus euryale, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Visto o 2 de xuño de 2009.