Saltar ao contido

Monte Nimba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Nimba
(en) Mont Nimba Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
Mapa
 7°37′21″N 8°24′29″O / 7.62259, -8.40806
CordilleiraQ1992527 Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.752 m Editar o valor en Wikidata

O Monte Nimba é a máxima elevación de Costa do Marfil e de Guinea, con 1.752 m de altitude. Está situado na fronteira entre ambos os dous países, a só 9,4 km do límite con Liberia. O nome que ostenta foille dado aínda en decembro de 1929, dacando a expedición de Sempere, Sattler e Michelis.

Nas proximidades do monte ubícanse as cidades de Lola (a 24 km) e Nzérékoré (a 48 km), en Guinea, e Yekepa (a 14 km) en Liberia.

Protección medioambiental

[editar | editar a fonte]

Prominente sobre a sabana circundante, o Monte Nimba é unha zona de grande riqueza ecolóxica. As ladeiras están cubertas de bosques espesos e a cimas de pasteiros de gramíneas, que teñen chamado a atención dos naturalistas. Para protexer a zona foi creada a Reserva Natural Integral do Monte Nimba, clasificada, desde 1981, como Reserva da Biosfera e sitio do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Como de lado liberiano, especialmente, sufriu unha intensa explotación das súas ricas reservas de ferro, e había perspectivas de volver á minería, a zona foi incluída na lista de Patrimonio en Perigo.