Saltar ao contido

Monomotapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMonomotapa
Wene we Mutapa (sn) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°19′S 30°54′L / -20.31, 30.9
Poboación
Lingua usadaLingua shona
Lingua kalanga Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1430 Editar o valor en Wikidata
Disolución1760 Editar o valor en Wikidata

Restos de Gran Cimbabue.

Monomotapa foi un reino medieval (comezos século XV-1629) localizado entre os ríos Zambezi e Limpopo, nos actuais estados de Cimbabue e Mozambique, a súa capital era Gran Cimbabue. O nome polo que se coñece ao reino déronllo os portugueses, derivado de Mwene Mutapa, como se denominaba ao territorio que controlaba o monarca.

O reino estableceuse no século XV ao emigrar os karanga desde o sur que se estableceron na meseta que se estende entre os ríos Zambezi e Limpopo, de clima saudable e con importantes xacementos de ouro e cobre. Monomotapa chega ao cénit do seu poder por volta de 1440 grazas ao comercio de ouro que realizan as carabanas árabes e swahilis a través do porto de Sofala.

A chegada dos portugueses á costa a comezos do século XVI significou o declive de Monomotapa, no ano 1629 o rei monomotapa asinou un tratado de vasalaxe cos portugueses.

Economía e sociedade

[editar | editar a fonte]

A base da economía da poboación era a agricultura baixo o sistema de estivada, cultivábase fundamentalmente sorgo e millo miúdo e algo de iñame e arroz que chegaba a través da costa. A gandería bovina tiña tamén grande importancia e era o elemento básico do comercio. Pero a riqueza do reino proviña das minas de ouro, os mineiros daban unha parte do ouro extraído ao rei e aos ncoses (grandes señores) a cambio de gando. Este ouro empregábase para adquirir bens de prestixio aos comerciantes da costa.

A unidade básica na que se organizaba a sociedade era a aldea, os seus habitantes compartían un devanceiro común, o seu xefe era o mukuru que representaba á aldea diante o muzinda, gran señor membro da aristocracia militar. No cumio da sociedade estaba o soberano, rei divino que tiña como función a a pervivencia colectiva do pobo.