Saltar ao contido

Moments

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Moments»
sinxelo de Ayumi Hamasaki
do álbum 'MY STORY'
Lanzamento 31 de marzo de 2004
Formato {{{formato}}}
Gravada 2004
Xénero musical J-Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 23:23
Discográfica avex trax
Produtor(es) Max Matsuura
Escritor(es) Ayumi Hamasaki
Cronoloxía
«No way to say» «Moments» «Inspire»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Moments é o single nº 32 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o mercado baixo o selo avex trax o 31 de marzo do ano 2004.

Información

[editar | editar a fonte]

Este single foi lanzado o ano 2004. Foi o primeiro da artista en ser lanzado nos novos formatos que Avex comezou a probar cos seus artistas lanzando singles en dous formatos diferentes: o CD sinxelo común e ademais outra edición cun DVD extra que incluía o vídeo musical da canción, e nalgunhas ocasións outro material adicional. No caso de Ayumi, este primeiro single lanzado en formato CD DVD, incluía unicamente o vídeo musical.

O single tamén foi un grande éxito, permanecendo por dúas semanas consecutivas no primeiro posto das listas de Oricon, e tamén sendo o décimo noveno single de Ayumi en conseguilo. Tamén lle valeu unha invitación para participar no popular programa de fin de ano Kōhaku Uta Gasen.

Esta foi a primeira canción que contou con composicións e arranxos de HIKARI, músico que despois tamén traballaría en varias cancións para a cantante do seu álbum MY STORY, onde esta canción tamén foi incluída. O tema caracterízase por ser un dos únicos singles orientados o Pop/Rock.

En entrevistas, Ayumi dixo que "Moments" realmente foi escrita arredor do ano 2000, no período de lanzamentos de "Vogue", "Far away" e "Seasons", e hai rexistro de versións anteriores á que foi gravada finalmente en 2004 e convertida en single. Unha versión absolutamente distinta pode apreciarse no comercial dos produtos VISÉE de KOSÉ Corporation. Cabe mencionar ademais que este comercial sería o último feito por Ayumi para dita empresa, xa que despois foi substituída pola cantante Beni Arashiro.

Tamén é a apertura do videoxogo (non oficial) de Fullmetal Alchemist Blue Bird Illusion.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
# Título
1. Moments "Original Mix"
2. Moments "Acoustic Piano Version"
3. Moments "Flying humanoid Mix" Remezclado por CMJK
4. Moments "Original Mix -Instrumental-"
# Título
1. Moments (videoclip)

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
31 de marzo de 2004 Oricon Daily Singles Chart #1
31 de marzo de 2004 Oricon Weekly Singles Chart #1 157,320 303,000 21
31 de marzo de 2004 Oricon Yearly Singles Chart #19