Moeda (tipografía)
¤ |
---|
Moeda (tipografía) |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
O signo moeda (¤) é un símbolo tipográfico empregado para indicar unha moeda xenérica ou indeterminada. En ocasións úsase no lugar dun símbolo que non aparece na fonte que se está a empregar, como o colón costarriqueño (₡). Pode describirse como un círculo de tamaño dunha letra minúscula con catro pequenas pólas a 45, 135, 225 e 315 graos. Represéntase en Unicode co valor U 00A4.
O símbolo aparece nalgúns teclados, como os franceses, dinamarqueses, noruegueses, suecos, finlandeses e estonianos.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O símbolo foi codificado para as computadoras en 1972 substituíndo o signo do dólar nas variantes nacionais de ASCII[2]. Foi proposto por Italia[3] para permitir unha implementación diferente a ese símbolo.
Significado segundo o contexto
[editar | editar a fonte]O símbolo de moeda ten un significado ambiguo: ¤12.50 pode interpretarse como 12,5 unidades de determinada divisa, pero esta divisa é descoñecida e só pode ser determinada por información allea ao carácter. Por este motivo o símbolo ¤ debería de ser substituído polo glifo apropiado (₤, ¥, ฿, ₱…) cando sexa posible para que o receptor poida entendelo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IBM Logical keyboard layout registry index for countries and regions around the world.
- ↑ [1]
- ↑ "Character histories – notes on some Ascii code positions". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2013.