Mitsubishi J8M
Mitsubishi J8M Shūsui | |
---|---|
J8M Shūsui | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Mitsubishi Heavy Industries |
Primeiro voo | Xullo de 1945 |
Unidades construídas | 7 |
O Mitsubishi J8M Shūsui (十九試局地戦闘機秋水, "espada oscilante") foi un caza monopraza de interceptación e defensa puntual xaponés usado durante a segunda guerra mundial. Foi unha resposta apresurada á ameaza dos bombardeiros estratéxicos B-29 Superfortress da USAAF. As Forzas Imperiais pediron un interceptador de rápida trepada e pensouse na produción do caza alemán Messerchmitt Me 193 Komet. O submarino que traía un Komet e os planos de fábrica foi afundido no Xapón. Só dispuña dun motor foguete Walther HWK 109 e un manual de instrucións do avión. A partir diso produciron unha versión propia para o Exécito e a Armada. Tras facer probas de planeo, lanzouse ao J8M1 en xullo de 1945, estrelándose ao fallar o motor. Ao final só se remataron 7 exemplares de serie.