Miss Mundo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Miss Mundo é un título de beleza feminina. Tamén se coñece así o certame que o concede e que se celebra anualmente, xulgando a beleza integral, a elegancia, a personalidade, o porte, a pose, a seguridade, a conciencia social e a saúde física das candidatas provenientes de diferentes países do mundo. Igual que ocorre no concurso de Miss Universo, a gañadora é cualificada como «a muller máis bela do mundo». Cada concursante representa unicamente a súa nación de orixe e a vencedora ostentará o título por un ano.
Historia e caracerísticas
[editar | editar a fonte]O certame foi fundado en 1951 por Eric Morley no Reino Unido. A presidenta da Organización Miss Mundo é Julia Morley, quen colleu as rendas do concurso tras a morte do seu marido, Eric Morley, en 2000. Ela administra e toma decisións respecto a este certame e o seu concurso irmán, Míster Mundo, versión masculina do orixinal.
A final de Miss Mundo é un grande acontecemento anual de televisión en vivo, visto por dous mil millóns de persoas en máis de 200 países. A diferenza doutros certames, Miss Mundo é pouco coñecido en América; non obstante, mantén gran popularidade en África e na maior parte de Europa, Asia e o Caribe.
A gañadora pasa o seu reinado viaxando ó redor do mundo, en particular a países terceiromundistas, representando a Organización Miss Mundo nas súas varias causas.
Miss Mundo ten unha axenda explicitamente altruísta e conta con máis de 250 millóns de libras para varias obras de caridade globais. Tradicionalmente, a Miss Mundo vive en Londres durante o seu reinado, servindo esta cidade de base para as súas viaxes mundiais.
A catalá Mireia Lalaguna gañou este título no ano 2015.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Miss Espagne est sacrée Miss Monde 2015". Paris Match (en francés). 19-12-2015. Consultado o 18-2-2018.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miss Mundo |