Saltar ao contido

Miquel Iceta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaExcelentísimo Señor Editar o valor en Wikidata
Miquel Iceta

(2022) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Miquel Iceta i Llorens Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Representante permanente (pt) Traducir
6 de decembro de 2023 –
Presidente do PSC
19 de decembro de 2021 –
← Núria Marín Martínez
Ministro de Cultura e Deporte
12 de xullo de 2021 – 20 de novembro de 2023
← José Manuel Rodríguez Uribes (pt) TraducirErnest Urtasun Domenech ⊟
Minister for Territorial Policy (en) Traducir
27 de xaneiro de 2021 – 11 de xullo de 2021
← Carolina DariasIsabel Rodríguez García ⊟
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 21 de decembro de 2020 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Primeiro Secretario do PSC
19 de xullo de 2014 – 19 de decembro de 2021
← Pere Navarro i MoreraSalvador Illa ⊟
First Secretary of the Parliament of Catalonia (en) Traducir
17 de decembro de 2012 – 23 de xullo de 2014
← Pere Calbó i Roca (en) TraducirPere Navarro i Morera ⊟
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Presidente Fundació Rafael Campalans (en) Traducir
2012 – 2014
Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de decembro de 2010 – 2 de outubro de 2012 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de novembro de 2006 – 5 de outubro de 2010 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de decembro de 2003 – 8 de setembro de 2006 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de novembro de 1999 – 23 de setembro de 2003 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1996 – 2 de novembro de 1999 – Lourdes Muñoz Santamaría (pt) Traducir ⊟

Circunscrición electoral: Barcelona

Electo en: Q74441567 Traducir
Q47346401 Traducir
10 de xuño de 1987 – 26 de maio de 1991 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaSocialdemocracia, nacionalismo español e monarquismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona
Cornellà de Llobregat Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartit dels Socialistes de Catalunya (1978–)
Partit Socialista Popular català (pt) Traducir (1977–1978) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsNúria Iceta Llorens Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2271763 Facebook: miqueliceta Twitter: miqueliceta Instagram: miqueliceta BNE: XX1692814 Editar o valor en Wikidata

Miquel Iceta i Llorens, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1960, é un político catalán, primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende o ano 2014[1]. Dende xaneiro a xullo de 2021 foi ministro de Política Territorial do Goberno de España, en substitución de Carolina Darias, que foi nomenada Ministra de Sanidade, en substitución de Salvador Illa, que deixou o cargo para concorrer como candidato do PSC nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.[2] Dende xullo de 2021 ata novembro de 2023 foi ministro de Cultura e Deporte.[3]

Iceta foi secretario primeiro do Parlamento de Cataluña dende 2012 até 2014 e candidato a Presidente da Generalitat de Cataluña polo PSC nas eleccións de 2015 e de 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iceta comezou a súa actividade política como afiliado do Partit Socialista Popular (PSP) de Cataluña con 17 anos, pasando en 1978 a formar parte do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), entrando na súa dirección en 1984, realizando labores de organización, formación e de coordinación de campañas electorais.

Foi un dos primeiros políticos españois en declarar abertamente a súa condición de homosexual.[4]

Foi concelleiro de Cornellà de Llobregat entre 1987 e 1991, director do departamento de análise do gabinete da Presidencia do Goberno español (1991-1995), subdirector do devandito gabinete (1995-1996). Nas Eleccións xerais de 1996 resultou elixido deputado por Barcelona na candidatura do PSC-PSOE.

No 1999 presentouse nas listas ao Parlamento de Cataluña, revalidando a súa acta nas eleccións de 2003, 2006, 2010 e 2012. Na VII lexislatura foi relator na redacción do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006. Foi voceiro do Grupo Parlamentario Socialista de 2003 a 2012. Na constitución da X lexislatura, o 17 de decembro de 2012, asumiu o posto de secretario primeiro da Mesa do Parlamento.

Dentro do Partit dels Socialistes de Catalunya foi viceprimeiro secretario (2000-2011). No ano 2011 optou á primeira secretaría,[5] aínda que finalmente retirou a súa candidatura por falta de apoios.[6] Trala renuncia de Pere Navarro como primeiro secretario do PSC en 2014, Iceta foi o único candidato que se presentou para substituílo nas primarias.

Foi candidato do PSC en 2015 para a presidencia da Generalitat de Cataluña nas que o seu partido acadou 16 escanos.

En 2016 foi reelixido líder do PSC, gañando nas primarias a Núria Parlón. Repetiu como aspirante do PSC á presidencia da Generalitat no contexto das eleccións autonómicas de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]