Minia Manteiga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Negreira, España |
Actividade | |
Ocupación | investigadora |
Empregador | Universidade da Coruña (2018–) Universidade Johns Hopkins (2017–2017) Universidade da Coruña (1999–2018) Universidade de Vigo (1997–1999) Universidade de Vigo (1994–1997) Istituto nazionale di astrofisica (pt) (1990–1992) Instituto de Astrofísica de Canarias (1986–1989) |
Minia Manteiga Outeiro, nada en Negreira en 1963, é unha astrofísica galega.[1] En 2018 converteuse na primeira muller catedrática de Astrofísica de Galicia,[2] e en 2020 na primeira muller da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da Real Academia Galega das Ciencias.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manteiga comezou a carreira de Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os tres primeiros cursos, e logo especializouse en Astrofísica na Universidade de La Laguna.[4] Realizou a súa formación doutoral no Instituto de Astrofísica das Canarias, e posdoutoral no Istituto di Astrofísica Spaziale (Frascati-Roma, Italia) e no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA, Madrid).[5]
Entre os anos 1994 e 1999, impartiu clase na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, e dende entón exerce como docente na Escola Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña.[6]
A súa investigación céntrase no estudo da evolución estelar, astrofísica espacial e a Big Data Astronomy. Forma parte do equipo galego da misión Gaia, da Axencia Espacial Europea (ESA), na que participan máis de 450 científicos e enxeñeiros doutros 23 países co obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da Vía Láctea.[7] Entre outras labores, á fronte do equipo ten desenvolto un software que permite a clasificación de estrelas a partir dos datos obtidos. Está baseado nun algoritmo que usa redes neuronais artificiais.[8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2019 foi galardoada co Premio e-Woman á Traxectoria Profesional.[9]
- En 2021 foi elixida vicepresidenta da Sociedad Española de Astronomía.[10]
- En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[11]
- En 2024 foi elixida presidenta da Sociedad Española de Astronomía.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bravas. Científicas e artistas galegas da nosa historia" (PDF). 7H Cooperativa Cultural. Consultado o 3-8-2020.
- ↑ Rey, Manuel (2018-10-11). "Minia Manteiga, primeira catedrática de Astrofísica de Galicia". GCiencia. Consultado o 2020-08-03.
- ↑ Rey, Manuel (2020-03-06). "Minia Manteiga: "Darei todo o que poida para achegar a Astrofísica á sociedade"". GCiencia. Consultado o 2020-08-03.
- ↑ "La primera catedrática gallega en Astrofísica es de Barcala". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-03.
- ↑ "Ingreso de Minia Manteiga". Consultado o 2020-08-03.
- ↑ Referentes. "Minia Manteiga Outeiro". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-08-03.
- ↑ Redacción (2016-09-14). "A misión Gaia obtén a primeira imaxe completa da Vía Láctea". GCiencia. Consultado o 2020-08-03.
- ↑ "Gaia descubre un sorprendente fenómeno: terremotos en las estrellas". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-06-13. Consultado o 2023-10-15.
- ↑ laopinióncoruña.es. "Minia Manteiga, premio a la Trayectoria Profesional by Caixabank". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-08-03.
- ↑ "Junta de la sea | Sociedad española de astronomía". www.sea-astronomia.es. Consultado o 2021-10-02.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
- ↑ "A investigadora do CITIC da Universidade da Coruña Minia Manteiga, nova presidenta da Sociedade Española de Astronomía". udc.es. 19 de xullo de 2024. Consultado o 26 de xullo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mulleres ninguneadas na Ciencia no programa Vivir Aquí da TVG
- Vídeo da RTVE
- Biografía na exposición Astrónomas.