Mimasaka
美作市 (ja) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Okayama | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.497 (2021) (59,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 429,29 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 31 de marzo de 2005 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | city.mimasaka.lg.jp |
Mimasaka (美作市, みまさかし, Mimasaka-shi) é un concello da prefectura de Okayama no Xapón. Está situado ó leste da prefectura, e na área da provincia histórica de Mimasaka, na rexión de San'yō dentro da rexión de Chūgoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 429,19 km², a poboación é de 31.035 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 72,3 h/km².
Mimasaka limita cos concellos de Bizen, Wake, Misaki, Shōō, Nagi, Nishiawakura (que son da prefectura de Okayama); Sayō, Sisō (que son da prefectura de Hyōgo); e Chizu (este último é da prefectura de Tottori).
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Mimasaka foi fundada pola fusión de catro concellos de vilas (Mimasaka, Ōhara, Sakutō e Aida) e un concello de aldea (Higashiawakura) do distrito de Aida, e un concello de vila (Katsuta) do distrito de Katsuta no ano 2005.
Relacións internacionais
[editar | editar a fonte]A vila de Ōhara-chō está irmandada coa vila francesa de Gleizé, co visto e prace do alcalde de Mimasaka, Seiji Hagiwara.