Milo Abelleira
Nome orixinal | José Emiliano Abelleira Solla | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 8 de agosto de 1963 (61 anos) Pontevedra, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Emiliano "Milo" Abelleira Solla, nado en Pontevedra o 8 de agosto de 1963, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego.
O último club que adestrou foi o Rápido de Bouzas, entre 2019 e 2020.[1] É o pai da xogadora do Real Madrid Feminino Teresa Abelleira e do futbolista do CD Choco Tomás Abelleira.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a súa curta carreira como futbolista vestiu seis anos a camiseta do Pontevedra CF, xogando tanto no filial como no primeiro equipo. Tras un breve paso polo CD Lugo, incorporouse á SCD Milagrosa, onde exerceu como xogador e dende 1986 tamén como adestrador ao mesmo tempo.[3][4]
En 1988 entrou no Bergantiños FC como adestrador dos xuvenís e ao ano seguinte pasou polo Arousa, coa mesma función que en Carballo, ademais de ser segundo adestrador de José Ramón Segura.[5]
En 1990 púxose á fronte do Atlético Pontevedrés, filial do equipo granate, en substitución de Milucho.[6][7] Estivo sete tempadas no filial pontevedrés, que acababa de descender á Primeira Rexional antes da súa chegada, e logrou o regreso a Preferente na tempada 1993/94.[8]
En abril de 1997, colleu as rendas do primeiro equipo do Pontevedra, que militaba en Segunda B.[9] Tras rematar a tempada en 10ª posición, pasou a dirixir o Club Deportivo As Pontes, por aquel entón Endesa As Pontes, de Terceira División.
Na tempada 1999/00 foi contratado para adestrar ao Celta de Vigo B, tamén de Terceira, equipo co que rematou primeiro esa tempada, pero sen conseguir o ascenso a Segunda B. Si o conseguiu na súa segunda tempada, na que o equipo quedou outra vez primeiro. Na tempada 2001/02 logrou a permanencia e gañou a Copa Federación, continuando no club unha cuarta tempada.
En xuño de 2003 fichou polo CD Ourense,[10] levando ao equipo a xogar a promoción de ascenso a Segunda División. Estivo no club ourensán ata xaneiro de 2006, cando foi destituído polos malos resultados e a mala relación coa directiva.[11] En febreiro de 2007 fichou pola Cultural Leonesa cando estaba en postos de descenso, salvándoa ao final do curso. Porén, na seguinte tempada foi destituído a metade de campaña malia que aínda lle quedaban dous anos e medio de contrato.
No verán de 2009 volveu ao Celta B substituíndo a Alejandro Menéndez,[12] sendo renovado para a tempada seguinte.[13]
O 3 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación como adestrador do Pontevedra CF para a tempada 2011–12, en substitución de Manolo Tomé.[14] En xuño de 2013 anunciouse que non continuaría como adestrador do Pontevedra CF, sendo substituído por Nando.[15] Con todo, continuou como director deportivo do club ata 2015.[16][17]
En novembro de 2019, tras adestrar os xuvenís da ACD A Seca,[18] fichou polo Rápido de Bouzas, que ocupaba a última praza do seu grupo de Terceira División.[19] Adestrou ao club vigués ata a suspensión da liga por mor da pandemia por coronavirus, sendo logo substituído por David de Dios.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "David de Dios nuevo míster del Rápido… el ya ex-céltico una clara apuesta de Alex por la calidad y la juventud" (en castelán). 28 de maio de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020.
- ↑ "Abelleira, el apellido más futbolero". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2020.
- ↑ "Trofeo «Ciudad de Lugo»". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 21 de agosto de 1986. p. 33.
- ↑ "Juan renovó por el Bergantiños y Milo se hará cargo de los juveniles". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1988. p. 48.
- ↑ "Cuerpo técnico y junta directiva". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1989. p. 49.
- ↑ "De no mejorar su trayectoria, el At. Pontevedrés, camino de desaparecer en Segunda Regional". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 21 de setembro de 1990. p. 57.
- ↑ Rascado, Tino (3 de setembro de 1990). "Milucho: «Los integrantes del Atl. Pontevedrés tienen el apoyo total de directiva y técnicos»". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). p. 58.
- ↑ "El Atlético Pontevedrés logró el ansiado ascenso a preferente". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 31 de maio de 1994. p. 45.
- ↑ "Crespo decide apostar por Milo" (en castelán) (Pontevedra ed.). 16 de abril de 1997. p. 53.
- ↑ "Milo Abelleira, presentado como nuevo entrenador del Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 2003. p. 30.
- ↑ "El final del entrenador que llevó al club a la última promoción". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 17 de xaneiro de 2006. p. 34.
- ↑ "Milo Abelleira vuelve al Celta B"
- ↑ "El Celta renueva por una temporada al técnico del filial, Milo Abelleira"
- ↑ ""Milo, nuevo entrenador del Pontevedra"". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2011. Consultado o 03 de xuño de 2011.
- ↑ "El Pontevedra anuncia a Nando como nuevo entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 2013. Consultado o 5 de novembro de 2020.
- ↑ Nogueira Casás, Xaime (22 de abril de 2013). "Milo Abelleira es el futuro". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2020.
- ↑ "El Pontevedra, obligado a pagar 135.000 euros a Milo Abelleira". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2020.
- ↑ "Milo Abelleira, entrenador del Juvenil A" (en castelán). 7 de outubro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "Milo Abelleira, nuevo entrenador del Rápido de Bouzas". Faro de Vigo (en castelán). 11 de novembro de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1963
- Nados en Pontevedra
- Futbolistas de Pontevedra
- Xogadores do Pontevedra CF
- Xogadores do Pontevedra CF B
- Xogadores do CD Lugo
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Pontevedra CF B
- Adestradores do Pontevedra CF
- Adestradores do CD As Pontes
- Adestradores do Celta de Vigo B
- Adestradores do CD Ourense
- Adestradores da Cultural Leonesa
- Adestradores do Rápido de Bouzas
- Directores deportivos de fútbol de Galicia