Saltar ao contido

Miliarense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a moeda bizantina con denominación grega, ver miliaresion.
Reverso dun miliarense procedente do tesouro de Hoard. As iniciais TRPS no exergo indican o obradoiro monetario xermano de Tréveris

O miliarense (forma neutra do lat. miliarensis, "relativo a mil") foi unha moeda romana de prata de módulo mediano, aparecida en tempos do Imperio, a principios do século IV d. C., a partir da reforma monetaria de Constantino o Grande (306-337).[1][2]

O miliarense cuñouse fundamentalmente durante o período de Constantino e, máis esporádicamente, ata finais do século IV.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Miliarense a nome de Honorio

As características morfolóxicas dos miliarenses foron moi cambiantes co tempo, aínda que xeralmente o seu peso estivo entre os 3,8 e 6 os gramos, cun diámetro de entre 23 e 24 milímetros. Con todo, no momento da súa creación o seu peso teórico estableceuse en 1/72 da libra romana (4,5 gramos), o mesmo có do sólido, tamén instituído na reforma monetaria de Constantino de 324.[4]

A súa denominación provén da súa correspondencia co valor dunha milésima parte da libra de ouro.[5]

No ámbito numismático fálase adoito de dúas clases de miliarense: o lixeiro e o pesado[6]. O seu valor en relación á moeda de ouro, o sólido, era de 14 miliarenses pesados ou 18 lixeiros por cada sólido.[7][8]

No Imperio Bizantino reintroduciuse posterioemente unha variante desta moeda, entre os séculos VIII e XI, coñecida habitualmente pola súa designación grega de miliaresion (μιλιαρήσιον).[9]

  1. "Miliarense". En En Forvm Ancient Coins (en inglés)
  2. Domínguez Cedeño, Rafael. "Miliarense". En Setenil (historia y numismática)
  3. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Miliarense".
  4. Cepeda, Juan José. "Las reformas de Diocleciano y Constantino I y su reflejo en la composición de los tesoros monetarios". En VIII Curs d'Història Monetària d'Hispània. La moneda de l'Imperi romá. Páxinas 99-112. Museu Nacional d'Art de Catalunya. 2004
  5. "Follis". En Smith, William. (1890): "The silver unit in Constantine's system was the miliarense, representing the value of 1/1000 of a pound of gold, now coined into 72 gold solidi".
  6. Sienes Hernando, Milagros. "As imitações de moedas de bronze do século IV d. C. na Península Ibérica. O caso do AE2 REPARATIO REIPUB". En Trabalhos de Arqueologia. 13. Instituto Português de Arqueologia. Lisboa, 2000. Páxina 16: "Depois de várias tentativas para tornar a emitir moeda de prata, esta só será propriamente cunhada como tal com a criação do miliarense em 320 (1/60 da libra; valia 1/1000 da libra de ouro) mas, sobretudo, a partir de 324, com a introdução de um miliarense ligeiro (1/72)...".
  7. Markowitz, Mike. "CoinWeek Ancient Coin Series. The Paradox of Byzantine Silver: The Miliarense". En Coin Week. Xuño de 2015 .
  8. "Miliarense" e "Miliarense fuerte". En Algunos tipos de monedas antiguas. Tesorillo.com
  9. Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. Páxinas 13-16. ISBN 978-0-88402-274-9

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]