Mileto, Italia
Mileto (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Calabria | ||||
Provincias | Provincia de Vibo Valentia | ||||
Capital | Mileto | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.335 (2023) (177,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 35,65 km² | ||||
Altitude | 365 m | ||||
Comparte fronteira con | Candidoni (pt) San Costantino Calabro (pt) Rosarno (pt) Francica (pt) Serrata (pt) San Calogero (pt) Gerocarne (pt) Jonadi (pt) Dinami (pt) Filandari (pt) Vibo Valentia | ||||
Santo padrón | Nicolao de Mira | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89852 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0963 | ||||
Identificador ISTAT | 102021 | ||||
Código catastral italiano | F207 | ||||
Sitio web | comune.mileto.vv.it |
Mileto (Militu en dialecto calabrés; Μίλητος Miletos, en grego antigo) é un municipio (comune) da provincia de Vibo Valentia, en Calabria, (Italia) de 6.809 habitantes,[1] situado sobre un outeiro de forma alongada ao leste da cordilleira de Monte Poro e ao sur da capital da provincia, Vibo Valentia.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes de Mileto remóntanse á época da antigüidade grega. Encontráronse restos dunha vila romana que data do século II, construída sobre outra de época anterior.
Na época bizantino a cidade foi conquistada polos normandos, converténdose na capital do condado de Roxerio de Hauteville.
Roxerio II, primeiro rei de Sicilia, da familia dos Hauteville, estableceu nela a súa residencia, o que fixo da cidade un dos centros máis importantes non só de Calabria, senón de toda Europa.
A cidade foi sede episcopal desde o século XI, cando Roxerio obtivo a fundación do episcopado do papa Gregorio VII.
Hoxe quedan os restos dunha Catedral, fundada en 1081 e da Abadía beneditina da Santísima Trindade.
Despois do terremoto de 1783 que destruíu a antiga cidade, unha nova Mileto contruiuse cerca de 2 km ao oeste nun lugar chamado "Villa del vescovo".
A finais de xaneiro de 1799 o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando IV de Nápoles, que se refuxiara alí escapando da República Partenopea creada polos xacobinos, un proxecto de reconquista do seu Reino.
Aceptado o plan, o cardeal creou o Exército Católico Real e volveu a Nápoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes preparáronse para loitar contra os xacobinos en defensa dos Borbóns. E o 13 de xuño de 1799, Fernando IV restaurou a monarquía borbónica.
O 28 de marzo de 1807 o pobo viviu o enfrontamiento entre o exército napolitano e o francés que, baixo o mando do xeneral Reynier, gañou a batalla de Mileto o que supuxo o dominio da rexión por Napoleón durante unha década.
O 27 de agosto de 1860 Giuseppe Garibaldi chegou a Mileto antes de completar a conquista do Reino de Nápoles.
Durante a segunda guerra mundial, o 16 de xullo de 1943, Mileto foi atacada por algúns avións estadounidenses que escoltaban os bombardeiros de Vibo. O ataque matou 39 civís, na súa maioría mulleres e nenos. A cidade de Mileto recibiu a medalla de bronce do Mérito Civil o 16 de xullo de 2008.
Evolución demográfica
[editar | editar a fonte]No censo de 1991 Mileto rexistraba unha poboación de 7.492 habitantes. No censo de 2001 rexistrou unha poboación de 7.157 habitantes, polo que na década 1991-2001 a poboación sufriu unha diminución do 4,47 %.
Os habitantes distribúene en 2.435 núcleos familiares cunha media por núcleo familiar de 2,94 compoñentes.
Etnias e minorías estranxeiras
[editar | editar a fonte]Segundo datos do ISTAT (Istituto nazionale di statistica de Italia) ao 31 de decembro de 2010,[2] os cidadáns estranxeiros residentes eran 149 persoas.
As nacionalidades maioritarias sobre o total da poboación residente eran:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ano 2012, Comune: Mileto Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Datos do ISTAT.
- ↑ "Statistiche demografiche ISTAT". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2016.