Miguel Anxo Murado García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1945 (79 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | biólogo |
Miguel Anxo Murado García, nado en Lugo o 1 de maio 1945,[1][2] é un biólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Antonio Murado López e Ángela García Ouro e neto de Manuel García Blanco. En 1972, fixo o doutoramente en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid[2] cunha tese sobre a degradación de insecticidas no chan.
Traballou como profesor do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de investigación do CSIC en Madrid.
Pouco despois de 1978, retorna a Vigo para traballar no Instituto de Investigacións Mariñas.[3] Este organismo, creado en 1951, como un laboratorio costeiro dependía do Instituto de Investigaciones Pesqueras de Barcelona, pero en 1978, se independiza e adopta o mesmo nome[4] e foi o seu director entre 1983 e 1987. En 1986, baixo o seu mandato, mudou ó nome actual de Instituto de Investigacións Mariñas, do cal foi o seu vicedirector de 1990 a 1994.[2]
E membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas e os seus artigos adoitan ser citados en Science Citation Index (SCI).[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- A contaminación en Galicia, 1975. Madrid: Akal. ISBN 84-7339-083-0[3]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Contaminación del medio por plaguicidas organoclorados. X, 1977.
- Ecología y política en España, 1978.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Blanca Nieves Lorenzo Royo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández Salgado 2012, p. 30
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Enciclopedia Galega Universal, tomo 12 (2002), p. 282
- ↑ 3,0 3,1 Fernández Salgado 2012, p. 36
- ↑ "Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo". iim.csic.es (en castelán). 12 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Salgado, Benigno (2012). "Manuel García Blanco (1882-1974), cronoloxía dunha biografía intelectual". En Sanmartín Rei, Goretti. Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco (PDF). Colección: Monografía, 7. A Coruña: Área de Filoloxías Galega e Portuguesa. UDC. pp. 15–42. ISBN 978-84-9749-527-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 18 de outubro de 2022.
- VV.AA: (2002). "Murado García, Miguel Anxo". Enciclopedia Galega Universal, Tomo 12 (meis-oita). Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-300-1.