Michel Martelly
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1961 (63 anos) Porto Príncipe, Haití |
Presidente do Haiti (pt) | |
14 de maio de 2011 – 14 de febreiro de 2016 ← René Préval (pt) – Jocelerme Privert (pt) ⊟ | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Sweet Micky |
Educación | Miami Dade College Institution Saint-Louis de Gonzague (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, músico, cantautor |
Período de actividade | 1988 - |
Partido político | Repons Peyizan |
Xénero artístico | Kompa |
Familia | |
Cónxuxe | Sophia Saint Rémy Martelly |
Páxina web | martellyhaiti.com |
Michel Joseph Martelly, nado o 12 de febreiro de 1961 en Port-au-Prince, máis coñecido como Sweet Micky, é un músico e político haitiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira musical
[editar | editar a fonte]Fillo dun capataz dunha industria petrolífera, Martelly aprendeu a tocar o piano de maneira autodidacta. Despois de tentar estudar Medicina sen éxito, comezou a estudar Ciencias, pero deixou a universidade sen rematar a carreira, e alistouse na Academia Militar de Haití, de onde tivo que liscar logo de deixar embarazada a filla dun xeneral.[1] Emigrou aos Estados Unidos logo de casar cunha cidadá dese país, e seis meses despois regresou a Haití divorciado, en 1986. Volveu emigrar aos Estados Unidos cunha moza, coa que tivo o seu primeiro fillo en Miami, pero aos poucos meses regresa a Port-au-Prince, onde comeza a tocar os teclados en locais nocturnos.
Foi un dos primeiros en tocar kompa, un estilo de música de baile caribeño, cantado en crioulo haitiano. Nesas é cando lanza a súa banda, Sweet Micky, e comeza a labrar unha sona como performer, dando concertos provocadores e empregando letras satíricas inzadas de comentarios sociopolíticos. En 1988 gravou o seu primeiro álbum en solitario, Ooo La La, que foi un grande éxito, e ao ano seguinte Konpas Foret des Pins. Dende entón Martelly gravou catorce álbums, ata que anunciou a súa retirada en 2006. Porén, en 2008 regresaba aos escenarios.
Discografía
[editar | editar a fonte]Título | Data | Discográfica |
---|---|---|
Woule Woule | 1989 | |
Anba Rad La | 1990 | |
The Sweetest | 1992 | |
Men Koze-A | 1993 | |
I Don't Care | 1994 | |
Pa Manyen | 1995 | |
Tout Ce Mately | 1996 | |
Aloufa | 1997 | |
100.000 Volts | 1998 | |
Dènye Okazyon | 1999 | |
'SiSiSi | 2001 | |
Totot | 2003 | |
GNB | 2005 | |
Bandi Legal | 2008 |
Política
[editar | editar a fonte]Situado á dereita do espectro político, ten vencellos cos partidarios do golpe de estado de 1991, que derrubou o presidente Jean-Bertrand Aristide[2][3] De feito, o club que rexentaba era o centro de actividade nocturna de boa parte dos militares golpistas.
En xullo de 2010 anunciou a súa candidatura ás eleccións lexislativas e presidenciais de Haití pola formación Repons Peyizan. Despois de quedar terceiro por unha presada de votos (co 21.84%), pasou á segunda rolda logo de que o segundo clasificado, Jude Célestin tivera que retirarse logo de acusacións de fraude masiva. Na segunda volta enfrontouse a Mirlande Manigat o 20 de marzo de 2011, e resultou elixido presidente de Haití por unha ampla diferenza[4].
O 8 de febreiro de 2016, deixou o cargo, sen que aínda houbera sucesor despois de que, debido á tensión social, houbera que suspender a segunda volta das eleccións presidenciais[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Balmaseda, Liz. The Sweet Life of Michel Martelly. Palm Beach Post. 12 de xuño de 2007. Consultado o 3 de febreiro de 2011.
- ↑ Wadner, Pierre. "Michel Martelly, Stealth Duvalierist" Arquivado 09 de xuño de 2015 en Archive-It The Dominion. 16 décembre 2010.
- ↑ Ackerman, Elise. "His Music Rules in Haiti: Sweet Micky's provocative music moves Haitians with an infectious beat and political overtones". Miami New Times. 29 mai 1997.
- ↑ Haiti: Michel Martelly 'defeats' Mirlande Manigat, BBC News, 5/4/2011.
- ↑ http://es.euronews.com/2016/02/08/michel-martelly-deja-la-presidencia-de-haiti-sin-que-se-haya-designado-a-su/