Saltar ao contido

Michael H. Crawford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichael Hewson Crawford
Nome orixinal(en) Michael Crawford Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1939
Twickenham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeBritánica
Educación- Universidade de Oxford
Q89547790- Estudos de moeda grega e romana.
- Estudos de historiografía antiga
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía.
Ocupaciónhistoriador, profesor universitario, numismático, erudito clásico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity College de Londres Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
- (1984) Medalla da Royal Numismatic Society.
- (1984) Jeton de Vermeil da SFN.
- (2001) Oficial da Orde das Palmas Académicas da República Francesa.
- (2002) Medalla Huntington, da ANS.
- (2017): Premio Derek Allen, da Academia Británica.

BNE: XX832397 Dialnet: 520374
Membro de:
Academia Británica.
Instituto Lombardo.
Instituto de Francia.

Michael Hewson Crawford, nado en Twickenham, no Gran Londres, o 7 de decembro de 1939, é un numismático e historiador británico especializado en Historia antiga.[1]

O interese dos seus estudos céntrase na "economía antiga e a historia monetaria, a historia da Italia antiga e do dereito romano". Crawford é coñecido principalmente polas súas obras Roman Republic Coinage (1974), texto de referencia para o estudo das emisións monetarias da República de Roma, e Roman Statutes (1996), un corpus da lexislación aprobada polas asembleas do pobo romano.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Crawford tivo a súa formación secundaria na escola pública londiniense St Paul's School e realizou os seus estudos universitarios na Universidade de Oxford (Oriel College) e na Escola Británica de Roma.[1]

En 1964 foi elixido como bolseiro investigador na Universidade de Cambridge (Christ's College) e desde 1969 ata 1986 mantivo a súa vinculación con esa universidade, na área de Historia Antiga.[1][3]

Durante ese período, no curso 1964-1965 foi tamén profesor visitante na Universidade de Princeton.

Entre 1986 e 2005 pasou a exercer como profesor desa mesma disciplina no University College London, do que se converteu en profesor emérito logo da súa xubilación.[1][3][4]

Ademais dos seus dous destinos principais, na Universidade de Cambridge e no University College London, Crowford foi tamén profesor visitante en diversas institucións académicas europeas, como as universidades itálicas de Pavia (1983 e 1992), Padua (1986), San Marino (1989), Milán (1990) e L'Aquila (1990), ou as parisienses École Normale Supérieure (1984), École Pratique des Hautes Études (1997) e École des Hautes Études en Sciences Sociales (1999).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe das monografías publicadas por Crawford en materia historiográfica e numismática:[9]

Obra historiográfica

[editar | editar a fonte]

Obra numismática

[editar | editar a fonte]