Metro columna de auga
Aparencia
Un metro de columna de auga é unha unidade de presión que equivale á presión exercida por unha columna de auga pura dun metro de altura. A súa abreviatura é m.c.a. ou mca, existindo tamén o múltiplo de milímetro columna de auga ou mm.c.a.
Utilízase sobre todo en fontanería e calefacción. As principais equivalencias con outras unidades de presión amósanse a continuación:
A presión relativa baixo unha columna de auga de 1m de altura é:
- P = 1000 (kg/m³) · 1 (m) · 9,80665 (m/s2) = 9806,65 Pa
Como regra mnemotécnica, considérase que debaixo da auga a presión aumenta unha atmosfera por cada 10m de profundidade.