Mesa (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
A palabra mesa pode facer referencia a:
- Mobles
- Mesa, moble formado por un taboleiro sostido horizontalmente por patas ou pés, que se utiliza para comer, escribir, traballar ou xogar.
- Mesa de braseiro, mesa de taboleiro circular con faldras, que pode dispoñer dun braseiro ou estufa.
- Mesa de cabeceira ou mesa de noite, moble pequeno, xeralmente con caixóns e/o baldas, que se coloca ao lado da cabeceira da cama para os servizos necesarios.
- Mesa de debuxo, táboa de madeira onde se pode fixar unha folla de papel para facer un debuxo.
- Mesa de instrumental, mesa, ordinariamente metálica, onde se deposita o instrumental médico-cirúrxico.
- Mesa de operacións, mesa metálica que é fácil de esterilizar e articular e que se usa en cirurxía para colocar o paciente no acto operatorio.
- Mesa de xogo, tipo de moble deseñado para practicar xogos de mesa sobre el.
- Mesa de billar, taboleiro grande, cuadrangular, provisto de bandas elásticas con cantos, e recuberta cun feltro verde ben tirante, sobre a que se fan correr as bólas do xogo do billar golpeándoas cos tacos.
- Mesa de pimpón, mesa de forma rectangular e medidas regulamentarias (2,74 m de longo, 1,525 m de largo e 0,76 m de alto) que ten unha rede divisoria no medio de 15,25 cm de alto, e sobre a que se xoga ao pimpón.
- Mesa luminosa, dispositivo de visualización que se utiliza para revisar películas fotográficas ou ilustracións transparentes.
- Mitoloxía
- Mesa Redonda, na lenda do rei Artur, mesa mítica do castelo de Camelot, onde Artur rodeouse dos cabaleiros máis valentes e honestos: Lanzarote (fillo adoptivo de Viviane), Perceval (fillo de Pellinore), Gawain (fillo do rei Lot e Morgause) e outros, e xunto con eles fundou a Orde da Mesa Redonda.
- Mesa de Salomón, mesa na que se conta que nela o rei Salomón escribiu todo o coñecemento do universo.
- Topónimos
- Condado de Mesa, condado do estado de Colorado, Estados Unidos.
- La Mesa, municipio colombiano na provincia de Tequendama.
- Las Mesas, poboación do Estado de Táchira, Venezuela, capital do municipio Antonio Rómulo Costa.
- Las Mesas, rexión natural do oriente de Venezuela.
- Mesa, cidade do estado de Arizona, unha das maior poboadas dos Estados Unidos.
- Mesa, lugar do estado de California, Estados Unidos.
- Mesa dos Catro Cabaleiros, lugar situado na montaña da Legua, en Pena Redonda, nos límites dos concellos da Pobra do Brollón, Samos, O Incio e Folgoso do Courel, Galicia.
- Mesas de Ibor, municipio da provincia de Cáceres, España.
- Parque Natural de Las Ubiñas-La Mesa.
- Parque Nacional Mesa Verde (Mesa Verde National Park), Estados Unidos.
- Ciencia e técnica
- Astronomía
- Enxeñería do audiovisual
- Mesa de mesturas de son, ou mesa mesturadora, dispositivo empregado en enxeñería de son no que se mesturan sinais de son, para a gravación, a edición ou a reprodución de sons (música ou de calquera outro tipo).
- Mesa de mesturas de vídeo, sistema que permite seleccionar, mesturar e manipular diferentes fontes de vídeo.
- Informática
- Mesa, linguaxe de programación.
- Mesa 3D, biblioteca gráfica de código aberto.
- Black Mesa, varios artigos relacionados co videoxogo Half-Life.
- Xeoloxía (xeomorfoloxía)
- Personalidades
- José Antonio Mesa Toré, poeta español nacido en 1963.
- Juan Carlos Mesa, humorista arxentino nacido en 1930.
- Enrique de Mesa, poeta e crítico teatral español (1878-1929), pertencente á Xeración do 98.
- Francisco Cabello y Mesa, militar e escritor español (1765-1814), que editou os primeiros xornais dos actuais Perú, a Arxentina e o Uruguai.
- Octavio Mesa Gómez, compositor e cantante colombiano (1930-2007).
- Miscelánea
- Historia
- Mesa, monumento prehistórico da cultura talaiótica exclusivo de Menorca, que consta dunha pilastra monolítica de sección rectangular moi alongada, que fai de apoio a unha gran lousa plana, rectangular, colocada en posición horizontal.
- Mesa de cambio, lugar onde os cambiadores ou cambistas poñían as moedas e facían o cambio manual dunhas moedas por outras.
- Política
- Mesa, institución xurídica que forma parte dos parlamentos, encargada de regular a súa actividade.
- Mesa de idade, órgano de goberno, de carácter transitorio, que preside inicialmente as sesións constitutivas dunha cámara ou asemblea.
- Mesa de Forzas Políticas Galegas, plataforma política, formada o 11 de xuño de 1980, que pretendía unir o nacionalismo galego para dotar a Galicia de forzas políticas propias que exerceran a hexemonía política no país para conseguir a soberanía nacional.
- Mesa electoral, órgano da administración electoral que se encarga de presidir a votación dun distitito e levar a cabo o escrutinio.
- Xogos
- Xogos de mesa, xogos que se xogan sobre unha mesa (baralla, dados, parchís etc.). Neles cómpre distinguir entre os que se fan directamente enroba da mesa dos que se practican nun taboleiro de xogo, normalmente situado enriba dunha mesa.
- Tenis de mesa, sinónimo de pimpón.
- Outros
- Mesa de contratación, organismo que, nas adxudicacións de determinados contratos de obras, decide sobre as diferentes opcións.
- Mesa do rodicio, ou raira, trabe de madeira, disposta horizontalmente, que sostén o sistema mecánico do rodicio.
- Mesa petitoria, mesa instalada nalgún lugar para solicitar donativos para algún fin benéfico ou para recoller sinaturas para reivindicar algo.
- Mesa pola Normalización Lingüística, organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega.
- Mesa redonda, grupo de discusión en torno a un tema relevante, dirixida por un moderador.