Saltar ao contido

Menora Mivtachim Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Man de Elías
היכל הספורט יד אליהו
Yad Eliyahu
Datos
Coordenadas32°03′39″N 34°47′29″L / 32.060947, 34.791333
LocalizaciónTel Aviv, Israel
Construción
Inauguración1963
Renovación1972, 2005
Ampliación2005
Estadio
SuperficieParquet
Capacidade10.383 espectadores
PropietarioConcello de Tel Aviv
LocalíaMaccabi Tel Aviv (ha'Al)
Webhttps://www.sportpalace.co.il/menora-mivtachim/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Menora Mivtachim Arena (en hebreo: היכל נוקיה), máis coñecido como A Man de Elías (en hebreo: היכל הספורט יד אליהו, Yad Eliyahu), é unha instalación deportiva adicada especialmente á disputa de partidos de diferentes deportes (principalmente baloncesto) e entretemento, situado na cidade de Tel Aviv, Israel.

Características

[editar | editar a fonte]

A Man de Elías é un dos máis míticos pavillóns do baloncesto europeo, acollendo numerosas finais de competicións continentais e sendo a cancha do Maccabi Tel Aviv, un dos clubs europeos máis laureados.

Cunha capacidade para 10 383, á parte do Maccabi Tel Aviv albergou encontros do Hapoel Tel Aviv. É a area de deporte baixo teito máis grande en Israel, polo que aloxa a Final Four israelí (as semifinais e final da Copa de Israel), así como a maioría dos partidos da selección de baloncesto de Israel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]