Saltar ao contido

Menestrel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe representando Menestreis na Cantiga 120 das Cantigas de Santa María (Colección do Mosteiro do Escorial, século XIII).

O menestrel,[1] na Europa medieval, era o poeta bardo cuxo repertorio lírico se refería a historias de lugares distantes ou sobre eventos históricos reais ou imaxinarios. Malia que cabía a opción de crearen os seus propios contos, moitas veces memorizaban e floreaban obras alleas. Conforme as cortes se ían refinando, os menestreis foron substituídos por trobadores, e varios deles fixéronse errantes, gañando presenza entre o vulgo, divulgadando deste xeito as obras doutros autores.

Terminoloxía e etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo galego medieval "menestrel" está relacionado coa palabra provenzal ou do francés antigo menestrel e variantes. Ambos proviñan do latín ministerialis, que aludía a "funcionario" ou "servidor". Da mesma raíz proveñen as palabras ministro, administración, ministerial (especie de escravos nobres do Sacro Imperio) e minstrel ou minstrelsy (espectáculos teatrais nos EUA do século XIX e comezos do XX, onde actores "brancos" se pintaban a cara de negro para parodiar de xeito racista a persoas afroamericanas).[2][3][4]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para menestrel.
  2. "MENESTRIL". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2023-09-20. 
  3. "MINISTRO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2023-09-20. 
  4. "minstrelsy". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2023-09-20.