Meganeura
Meganeura Rango fósil: Carbonífero superior | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Meganeura | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Meganeura (gr. «grandes nervios», en relación á rede de nervios das súas ás) é un xénero extinto de insectos protodonatos da familia Meganeuridae. Entre as súas especies encóntrase Meganeura monyi, un insecto de gran parecido coas libélulas actuais, coas que está emparentado, que viviu no período Carbonífero (hai 300 Ma). Cunha envergadura de ás de máis de 75 cm, constitúe a maior especie coñecida de insectos que xamais haxa existido sobre a Terra. A especie do Permiano Meganeuropsis permiana é tamén de gran tamaño. Eran insectos depredadores que se alimentaban doutros insectos e tamén de pequenos anfibios.
Os seus fósiles descubríronse nos estratos da edade Estefaniana de Commentry, en Francia, en 1880; en 1885, o paleontólogo francés Charles Brongniart describiu o fósil e deulle nome. Outro bo espécime fósil encontrouse en Bolsover, Derbyshire, en 1979. O holotipo alóxase no Museo de Historia Natural de París.
M. americana, descuberta en Oklahoma en 1940, é unha especie representada pola maior á de insecto xamais encontrada; consérvase no Museo de Historia Natural de Harvard.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dragonfly: the largest complete insect wing ever found, Harvard Magazine, noviembre a decembro de 2007:112.