Saltar ao contido

Megacles II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMegacles II
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor en Wikidata
Alopeke, Antiga Atenas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo VI a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAgarista de Sicião Editar o valor en Wikidata
FillosCoesyra, Hipócrates (irmão de Clístenes), Clístenes de Atenas Editar o valor en Wikidata
PaiAlcmeão (contemporâneo de Creso) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata

Megacles II (en grego Μεγακλῆς), nado en Atenas, era fillo de Alcmeón, neto de Megacles I e membro da familia dos Alcmeónidas, foi un opositor a Pisístrato no Século -VI.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Expulsou a Pisístrato durante o primeiro reinado deste último como tirano no -560. Tras once anos de exilio, cando os dous grupos rivais, os homes da chaira e os homes da costa, volveron enfrontarse, fixeron unha alianza matrimonial pola que Pisístrato casaría coa filla de Megacles.

Heródoto di que tamén enganaron aos atenienses cando montaron unha escena cunha rapaza chamada Fie, excepcionalmente alta, vestida con armadura, que recibiu a Pisístrato ao seu regreso, despois do seu casamento, facendo crer ao pobo que era a propia Atenea que chegaría a proclamar a Pisístrato como tirano, aínda que sexa tamén o propio Heródoto o que dubida da veracidade desta historia[1].

Seis anos máis tarde, Megacles volveríase contra Pisístrato, logrando expulsalo de Atenas por segunda vez, ao negarse este último a ter fillos coa súa filla, pondo fin á segunda tiranía de Pisístrato[2].

Megacles rivalizou ao redor do -560 con Hipoclides, un antigo arconte de Atenas, para casar con Agarista, filla do tirano de Sición, Clístenes. Da súa unión, tiveron dous fillos, Hipócrates o Maior e Clístenes. Megacles e a súa familia tamén tiveron que se exiliaren tras acentuarse as diferenzas con Pisístrato despois da segunda toma do poder por parte do tirano.

Hipócrates, o fillo máis vello, sería o pai doutro Megacles (coñecido porque foi sometido ao ostracismo no -486) e dunha filla, tamén chamada Agarista que ao contraer matrimonio con Xantipo sería a nai de Pericles e de Arifrón[3]. Este Arifrón sería o pai de Hipócrates de Atenas elixido strategós (xeneral) no -424, finando ese mesmo ano.

O fillo máis novo, Clístenes, segundo Plutarco, sería o pai de Deinomache ou Dinomache, nai de Alcibíades[4].

Por tanto, Megacles II, ás veces chamado Megacles o Maior foi bisavó tanto de Pericles como de Alcibíades.

  1. Heródoto, 1.60.
  2. Herodoto, 1.61.
  3. Platón, Protágoras, 320a.
  4. Plutarco, Alcibíades, 1