Saltar ao contido

Medellín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMedellín
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°14′41″N 75°34′29″O / 6.244747, -75.574828
EstadoColombia
DepartamentosAntioquia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.529.403 (2018) Editar o valor en Wikidata (6.643,39 hab./km²)
Xeografía
Superficie380,74 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.495 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación22 de novembro de 1675 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoalcaldía de Medellín Editar o valor en Wikidata
• Alcalde Editar o valor en WikidataFederico Gutiérrez (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoconcello de Medellín Circunscrición: 0, (Escano: 20) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal050001 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webmedellin.gov.co Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454823

Medellín é unha cidade situada ó noroeste de Colombia, no centro do val de Aburrá e á beira do río Medellín. É a capital do departamento de Antioquia. Segundo o censo de 2005, tiña 2 223 078 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, conformada por outros 9 municipios, ten unha poboación de 3 312 165 habitantes, sendo a segunda aglomeración urbana de Colombia.

É un dos principais centros culturais de Colombia. É sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento, tanto local, nacional e internacional. Tamén destaca a súa actividade académica e científica, xa que algunhas das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade.

Toponimia

[editar | editar a fonte]
Mariana de Austria

Debe o seu nome a que Pedro Portocarrero y Luna, presidente do consello de Indias de España, solicitou dar o nome da súa vila, Medellín (en Badaxoz), a unha localidade de nova fundación en ultramar. O 22 de novembro de 1674 a raíña rexente Mariana de Austria (en representación do seu fillo, Carlos II de España, menor de idade), outorgou a cédula real que confirmaba a fundación da Villa de Nuestra Señora de la Candelaria de Medellín. A proclamación oficial da fundación realizouna o gobernador Miguel Aguinaga y Mendiogoitia o 2 de novembro de 1675.

Ademais, a raíña outorgou o escudo de armas do Medellín estremeño ó americano, a petición do Cabido da Vila, o 24 de xuño de 1676.

O val de Aburrá xa era percorrido hai 10.500 anos por tribos nómades de cazadores e recolectores. Ó chegaren os conquistadores españois xa había asentada unha poboación nativa numerosa, que opuxo pouca resistencia. Eran aburraes, iamesíes, peques, ebéicos, noriscos e maníes, que posiblemente estaban alí desde o século V a.C. Tiñan grandes cultivos de millo e feixón, criaban curíes e cans mudos, tecían mantas de algodón e comercializaban sal. Coñecían a ourivaría. Baixo o dominio español foron repartidos en encomendas e desprazados das súas terras. A deserción, o maltrato, as enfermidades e o duro traballo intensivo na terra e as minas, decimaron o número de habitantes en poucos anos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Principais cidades de Colombia

Bogotá
Bogotá
Medellín
Medellín
Cali
Cali

Cidade Departamento Poboación Cidade Departamento Poboación

Barranquilla
Barranquilla
Cartaxena
Cartaxena
Cúcuta
Cúcuta

1 borde Bogotá Cundinamarca 8 264  029   11 borde Villavicencio Meta 503 414
2 borde Medellín Antioquia 2 522 081   12 borde Santa Marta Magdalena 499 219
3 borde Cali Valle del Cauca 2 434 110   13 borde Bello Antioquia 485 970
4 borde Barranquilla Atlántico 1 232 226   14 borde Valledupar Cesar 423 593
5 borde Cartaxena de Indias Bolívar 1 006 323   15 borde Pereira Risaralda 406 348
6 borde Soledad Atlántico 682 910   16 borde Buenaventura Valle del Cauca 398 527
7 borde Cúcuta Norte de Santander 652 320   17 borde Pasto Nariño 386 598
8 borde Soacha Cundinamarca 550 054   18 borde Manizales Caldas 373 862
9 Ibagué Tolima 543 564   19 borde Montería Córdoba 362 917
10 borde Bucaramanga Santander 522 439   20 borde Neiva Huila 329 462
Proxección 2019 - DANE