Mayagüez
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorios non incorporados | Porto Rico | ||||
Capital | Mayagüez barrio-pueblo (en) Mayagüez (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 73.077 (2020) (1.218,63 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 29.542 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Mayagüez metropolitan area (en) (Poboación:97.605) | ||||
Superficie | 59,966393 km² | ||||
Altitude | 21 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1760 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 00680, 00681 e 00682 | ||||
Fuso horario | |||||
Código de departamento INSEE | 72097 | ||||
Identificador GNIS | 1804529 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Callao (2013–) | ||||
Mayagüez é a oitava cidade máis grande de Porto Rico.[1] Foi fundada orixinalmente como "Nuestra Señora de la Candelaria" e é tamén coñecida como "La Sultana del Oeste" (A Sultana do Oeste), "Ciudad de las Aguas Puras" (Cidade das Augas Puras), ou "Ciudad del Mangó" (Cidade do Mangó). O 6 de abril de 1894, a coroa española deulle o título de "Excelente ciudad de Mayagüez" (Excelente Cidade de Mayagüez).[2][3] Mayagüez está situada no centro da costa oeste da illa de Porto Rico. É a principal cidade da Area Metropolitana Estatística de Mayagüez e da Área Estatística Combinada Mayagüez-San Germán-Cabo Rojo.
Historia
[editar | editar a fonte]Mayagüez foi fundada en 1760 por Faustino Martínez de Matos, Juan de Silva e Juan de Aponte nun outeiro localizado a arredor dun quilómetro da baía de Mayagüez e a desembocadura do río Yaguez.
No 1763 España concedeulle aos fundadores o dereito de goberno autónomo, oficialmente separando a vila de Mayagüez do Partido de San Germán. Orixinalmente o puebo de Mayagüez tiña como nome "Nuestra Señora de la Candelaria de Mayagúez". Este nome xorde debido a que a meirande parte dos poboadores, incluíndo os fundadores, proviñan das Illas Canarias onde teñen como santa patroa á Virxe da Candelaria.
No 1836 o pobo foi elevado ao status de villa. Nese momento a agricultura era a principal actividade económical Tres anos despois, en 1839 Eugenio María de Hostos, importante educador, sociólogo, filósofo e escritor, naceu en Mayagüez.
En 1841 un lume destruíu parcialmente a vila, que foi reconstruída con algunhas das súas estradas principais agrandadas para previr a dispersión de lumes futuros. O gobernador militar de Porto Rico da época, o xeneral Santiago de Méndez Vigo, recadou fondos para reconstruír a cidade. Na actualidade unha das avenidas principais de Mayagüez leva o seu apelido.
En 1911 fundouse o Colexio de Agricultura, que un ano despois pasou a ser o Colexio de Agricultura e Artes Mecánicas (CAAM). Conservou este nome durante 50 anos. Actualmente é coñecido como o Recinto Universitario de Mayagüez (RUM) da Universidade de Porto Rico.
O 11 de outubro de 1918 Mayagüez foi parcialmente destruída de novo polo Terremoto de San Fermín. O sismo acadou unha magnitude aproximada de 7.3 na escala de Richter e se cobrou a vida de 116 persoas.[4]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2009 levado a cabo pola Oficina do Censo dos Estados Unidos, en Mayagüez residían 92.156 persoas (fronte aos 98.434 do ano 2000). A densidade de poboación era de 458 hab/km².[5][6] A cidade posúe unha importante "poboación universitaria", aumentando nunhas 10.000 persoas a súa poboación. O 98,9% da poboación é de orixe hispana ou latino (que poden ser de calquera raza).
Das 31.877 fogares de 2007 en Mayagüez, o 38.6% eran parellas casadas, o 22.3% tiñan unha cabeza de familia feminina sen presenza do marido, e o 33.7% non eran familiares. O 33.3% tiñan fillos por debaixo dos 18 anos vivindo cos pais. De tódolos fogares o 27.8% estaban formados por un individuo e no 9.8% vivía unha persoa de 65 anos ou máis vivindo soa. A media de persoas por casa é de 2,75 habitantes e a familia media de 3,41 membros.
En Mayagüez, o 26,9% da poboación estaba por debaixo dos 18 anos, o 10,3% entre os 18 e os 24, o 30,8% entre os 25 e os 44, o 20,6% entre os 45 e os 64, e o 11,5% tiña 65 anos ou máis. A media de idade era de 33 anos. En Mayagüez residen máis mulleres que homes, con 88,4 homes por cada 100 mulleres.
Razas de Mayagüez, Porto Rico - Censo de 2010[7] | ||
---|---|---|
Raza | Poboación | % do Total |
Brancos | 70,091 | 78.7% |
Negros/Afro-portorriqueños | 7,345 | 8.2% |
Indios Americanos e Nativos de Alaska | 679 | 0.8% |
Asiáticos | 189 | 0.2% |
Nativos hawaianos/Isleños do Pacífico | 10 | 0.0% |
Outras razas | 7,664 | 8.6% |
Dúas ou máis razas | 3,102 | 3.5% |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Mayagüez está localizada na parte central da costa oeste de Porto Rico. A súa extensión é de 201.06 km² e a súa xeografía está composta por un extenso val aluvial na costa da baía de Mayagüez ao oeste do municipio, chairas costeiras e mangleiros nas fronteiras do norte e sur; e montañas no centro, nordeste e sueste do concello.
O concello limita ao norte cos de Añasco e Las Marías, con Cabo Rojo, Hormigueros e San Germán ao sur, coa canle da Mona ao oeste e cos concellos de Las Marías e Maricao ao leste.
As illas de Mona e Monito forman parte do termo municipal do Mayagüez.
Clima
[editar | editar a fonte]Mayagüez posúe un clima tropical monzónico (Clasificación climática de Köppen Am). A cidade posúe o clima máis extremo da illa. A elevada frecuencia de treboadas severas no verán pode producir fortes ventos, inundacións, e mesmo saraiba e tornados. A temperatura media anual é de 24 °C. O inverno adoita ser seco e fresco, con temperaturas entre os 28 °C e os 13 °C. O verán adoita ser moi cálido e húmido, con temperaturas que chegan a acadar os 35 °C. De maio a outubro, é frecuente que se produzan fortes treboadas pola tarde debido á calor, a humidade e á topografía da área.
Rexistros de Mayagüez (1971-2000, récords dende 1775) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Récord de máximas (°C) | 35 | 36 | 36 | 37 | 37 | 37 | 37 | 37 | 37 | 37 | 37 | 36 | |
Temperatura media máxima (°C) | 30 | 30 | 31 | 31 | 32 | 33 | 33 | 33 | 33 | 32 | 32 | 31 | |
Temperatura mínima media (°C) | 18 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 22 | 22 | 22 | 22 | 21 | 20 | |
Temperatura mínima récord (°C) | 11 | 6 | 10 | 14 | 14 | 16 | 14 | 14 | 15 | 16 | 8 | 13 | |
Precipitacións (mm) | 28 | 52 | 39 | 123 | 271 | 131 | 168 | 299 | 321 | 189 | 198 | 123 | |
Fonte: The Weather Channel [8] |
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Puerto Rico Municipio.". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2012.
- ↑ Aguilo Ramos, Silvia (1984). Mayaguez: Notas para su Historia. San Juan, Puerto Rico: Model Offset Printing. p. 46.
- ↑ Loida Figueroa, "Escudo de Mayagüez" Anuario de las Fiestas Patronales, 1977
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2012.
- ↑ "American Factfinder: Persons per Square Mile". United States Government. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 19:40, Friday June 10, 2011 (UTC).
- ↑ "Mayagüez Municipio, Puerto Rico". United States Government. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019.
- ↑ "Ethnicity 2010 census". Factfinder2.census.gov. 2010-10-05. Consultado o 2012-06-07.
- ↑ Average Weather for Mayaguez, PR - Temperature and Precipitation