Maverick Viñales
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Maverick Viñales Ruiz 12 de xaneiro de 1995 (29 anos) Figueres, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Mack | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de motociclismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Motociclismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | Motociclismo de velocidade | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 12 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Isaac Viñales, curmán Dean Berta Viñales, curmán segundo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | mvk12.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Maverick Viñales Ruiz, nado en Figueres (Xirona) o 12 de xaneiro de 1995, é un piloto catalán de motociclismo que actualmente compite na categoría de Moto GP dentro do equipo Yamaha.
Debe o seu nome ó personaxe interpretado por Tom Cruise no filme Top Gun.[1] Foi campión do mundo na categoría de Moto 3 no ano 2013 e dende a tempada 2015 compite en Moto GP.
Historial
[editar | editar a fonte]Comeza a súa andaina no ano 2011 no equipo SuperMartxé VIP, patrocinado pola estrela dos medios Paris Hilton.[2] Nese ano remata terceiro o campionato, recibindo o título de mellor debutante. A primeira vitoria chegoulle en Le Mans por diante de Nico Terol e converteuse no terceiro piloto máis novo en chegar o alto do podio con 16 anos e 116 días, só por detrás de Marco Melandri e Scott Redding.
No 2012, desaparece a cilindrada de 125cc e Maverick parte coma un dos favoritos para acadar o título na nova categoría de Moto3. O seu rendemento foi inconsistente ó longo de todo o ano pero malia acadar cinco vitorias na primeira metade da tempada, varias caídas e diferentes problemas reducen as súas esperanzas de facerse co título. A falta de tres carreiras para finalizar o ano e aínda con posibilidades de ser campión, no Gran Premio de Malaisia, abandona o equipo e retorna a casa, regalándolle o mundial ó alemán Sandro Cortese[3] e inclusive o subcampionato a Luis Salom.
Comeza o 2013 cun equipo novo, o Calvo Team, compartindo box coa piloto Ana Carrasco. O campinato foi disputado ata o final entre Viñales, Salom e Álex Rins. Na penúltima cita do calendario no circuíto de Motegi no Xapón, Viñales chegaba por detrás de Rins e Salom, pero os seus rivais non conseguirían puntuar por mor de dúas caídas, unha delas provocada por Isaac Viñales, curmán de Maverick.[4] Deste xeito, os tres pilotos chegarían á derradeira data no Circuíto Ricardo Tormo de Valencia separados por cinco puntos. Salom por mor dunha caída só acadou a décimo cuarta praza, pero a loita con Rins chegou ata a última curva da tempada onde remataría por impoñerse e conseguir o título Viñales.[5]
No 2014 dá o salto á categoría intermedia Moto2 co equipo Pons Racing, compartindo box co seu rival dos últimos anos Luis Salom, este ano conseguirá outra vez o premio de debutante do ano e rematará terceiro o campionato por detrás do absoluto dominador da tempada Tito Rabat e do finés Mika Kallio, conseguindo vencer nas probas de Cataluña, Italia e Aragón. No mes de setembro, anúnciase a súa fichaxe polo equipo Suzuki de MotoGP para o seguinte ano.
O retorno de Suzuki ó mundial no ano 2015 é discreto e Maverick acadará unha discreta décimo segunda posición ó final do campionato, pero volve a obter o distintivo de mellor debutante da categoría. Pola contra, a moto nipoa amósase moito máis competitiva no ano 2016 e tras un podio en Le Mans, consegue a primeira vitoria para Suzuki dende o ano 2007 e sobe ao máis alto do caixón por vez primeira en MotoGP no Gran Premio do Reino Unido de 2016.[6] Consegue un máis que meritorio cuarto posto na clasificación final do mundial. Cando Jorge Lorenzo anuncia a súa marcha a Ducati para a tempada 2017, Yamaha ficha a Viñales para suplir a súa baixa a carón de Valentino Rossi.[7]
Co salto a Yamaha, no ano 2017 convértese automaticamente en serio aspirante ó título da categoría raíña e no seu comezo non decepciona, acadando a vitoria nas dúas primeiras probas do calendario, Doha[8] e a Arxentina.[9]
Tempada | Categoría | Moto | Equipo | Número | Carreiras | Vitorias | Podiuos | Pole | Volta Rápida | Pts | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Modelo:MGP | 125cc | Aprilia | Blusens by Paris Hilton Racing | 25 | 17 | 4 | 9 | 3 | 3 | 248 | 3º |
Modelo:MGP | Moto3 | FTR Honda | Blusens Avintia | 25 | 15 | 5 | 7 | 5 | 1 | 207 | 3º |
Modelo:MGP | Moto3 | KTM | Team Calvo | 25 | 17 | 3 | 15 | 2 | 3 | 323 | 1º |
2014 | Moto2 | Kalex | Paginas Amarillas HP 40 | 40 | 18 | 4 | 9 | 1 | 5 | 274 | 3º |
Modelo:MGP | MotoGP | Suzuki | Team Suzuki Ecstar MotoGP | 25 | 18 | 0 | 0 | 0 | 0 | 97 | 12º |
Modelo:MGP | MotoGP | Suzuki | Team Suzuki Ecstar MotoGP | 25 | 18 | 1 | 4 | 0 | 2 | 202 | 4º |
Modelo:MGP | MotoGP | Yamaha YZR-M1 | Movistar Yamaha MotoGP | 25 | 3 | 2 | 2 | 1 | 1 | 50* | 2º |
Total | 105 | 19 | 46 | 12 | 15 | 1401 |
- Tempada en curso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mejías, Sergi (2016-09-05). "El secreto del nombre Maverick Viñales". sport (en castelán). Consultado o 2017-04-24.
- ↑ 20Minutos. "Paris Hilton presenta su equipo de motos junto a Gadea y Viñales - 20minutos.es". 20minutos.es - Últimas Noticias. Consultado o 2017-04-24.
- ↑ elmundo.es. "La espantada de Maverick". Consultado o 2017-04-24.
- ↑ FOX Sports (2013-10-27). "Moto3: Isaac Viñales Flips Over Luis Salom - Japanese GP". Consultado o 2017-04-24.
- ↑ Albiac, Laura López (2013-11-10). "Maverick Viñales campeón del mundo de Moto3 | motociclismo | sport.es". sport (en castelán). Consultado o 2017-04-24.
- ↑ "MotoGP 2016: British GP results, Maverick Vinales takes maiden win at Silverstone". Fox Sports (en inglés). 2016-09-04. Consultado o 2017-04-24.
- ↑ "Maverick Viñales ficha dos años por Yamaha". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2017-04-24.
- ↑ País, Ediciones El (2017-03-27). "Maverick Viñales hace buenos los pronósticos y gana en Qatar". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-04-24.
- ↑ "Maverick Viñales no encuentra rival en Argentina". La Vanguardia. Consultado o 2017-04-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 18 de xuño de 2015 en Wayback Machine.
- Perfil na web oficial de MotoGP Arquivado 12 de novembro de 2011 en Wayback Machine.