Marussia F1
Suxeriuse que "Manor Motorsport" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Nome completo | Marussia F1 Team (2012)-(2014) Manor Marussia F1 Team (2015) |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Banbury, Oxfordshire, Reino Unido (2012-2014-2015) Dinnington, South Yorkshire, Reino Unido (2015) |
Tempadas en activo | 4 (2012-2015) |
Número de pilotos | Jules Bianchi Max Chilton Timo Glock Charles Pic Will Stevens Roberto Merhi Alexander Rossi |
Debut | Gran Premio de Australia de 2012 |
Carreiras | 74 (73 saídas) |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Zabi de 2015 |
O Marussia F1 Team (posteriormente Manor Marussia F1 Team) foi un equipo de carreiras e construtor de Fórmula 1 anglo - ruso que tiña base en Banbury, Oxfordshire no Reino Unido. O equipo foi operado por Manor Motorsport (anteriormente Marussia Manor Racing),[1] que antes era unha filial de Marussia Motors, un fabricante de automóbiles deportivos xa desaparecido, que tiña base en Moscova.[2] O equipo orixinalmente empezou a participar en 2010 co nome de "Virgin Racing", ao ano seguinte Vigin adoptou a Marussia como patrocinador converténdose en "Marussia Virgin Racing" ata ser totalmente rebautizado como o "Marussia F1 Team" para 2012.
O equipo Marussia anotou os seus primeiros puntos no Gran Premio de Mónaco de 2014, onde o seu piloto principal, Jules Bianchi, terminou noveno, e ao facelo, Marussia converteuse no primeiro construtor con licenza rusa en lograr puntos no campionato mundial.[3]
Logo dun grave accidente e as lesións sufridas por Bianchi no Gran Premio do Xapón de 2014, o equipo competiu por primeira vez cun só coche na inauguración do Gran Premio de Rusia. O 26 de outubro de 2014, apareceron noticias de que o equipo Marussia non participaría no Gran Premio dos Estados Unidos de 2014, por razóns económicas e o 7 de outubro de 2014, o equipo presentou un escrito na Alta Corte de Londres coa intención de entrar en administración concursal.[4] O administrador designado presentou un comunicado oficial o 27 de outubro de 2014[5] e o equipo foi incluído na lista provisional de inscritos da FIA para a tempada 2015 de fórmula 1 aínda que como "Manor F1 Team".[6] o 7 de novembro de 2014, con todo, o administrador anunciou que o equipo cesara nas súas actividades.[7]
O 19 de xaneiro de 2015, os administradores de Marussia anunciaron que a poxa dos seus coches e activos cancelárase a fin de permitir unha posible compra de participacións. O equipo saíu da administración o 19 de febreiro de 2015, e presentouse como Manor Marussia F1 Team Manor despois de asinar novos investimentos que aseguraron o rescate do equipo. O equipo retivo Marussia como o seu nome de construtor durante toda a tempada de 2015, adoptando tamén a nacionalidade británica. En 2016, o equipo anunciou un cambio de nome a "Manor Racing" A partir da tempada 2016, Manor utilizará as unidades de potencia de Mercedes-Benz.
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]En 2009, o Manor Grand Prix conseguiu unha praza para participar na Fórmula Un na tempada 2010, como alianza entre o equipo de carreiras Manor Motorsport e Wirth Research. Antes do final do ano nomeáronse Virgin Racing, logo de que Richard Branson propietario das empresas de Virgin Group comprara os dereitos de patrocinio. Marussia foi un dos socios do equipo na súa primeira tempada, onde terminou 12º e último no campionato de construtores. En novembro de 2010 Marussia adquiriu unha participación maioritaria no equipo, e o equipo pasou a ser coñecido como "Marussia Virgin Racing" para a tempada 2011. Logo dun decepcionante inicio da tempada 2011, o equipo separouse de Wirth Research, e entrou en relación con McLaren Applied Technologies antes da tempada 2012. O equipo trasladouse das instalacións de Wirth en Banbury, a súa base orixinal en Dinnington, en Yorkshire. Mentres tanto, o equipo acabou outra vez último no campionato de construtores. En novembro de 2011, o equipo pediu á comisión da Fórmula Un cambiar oficialmente o seu nome de construtor para a tempada de Fórmula Un de 2012. De Virgin a Marussia, para reflectir a súa nova propiedade.[8] O permiso foi concedido antes de ser ratificado formalmente nunha reunión do Consello Mundial de Automobilismo da FIA.[9]
Tempada 2012
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012.
O 31 de decembro de 2011, Marussia Virgin Racing anunciou que agora se chaman Marussia F1 Team .[10] Virgin, que previamente fora o patrocinador principal do equipo, anunciou que seguira co equipo despois do cambio de nome, e os logotipos de Virgin permaneceran no coche en 2012..[11] O equipo anunciou en xullo de 2011 que Timo Glock asinara un novo contrato de tres anos co equipo.[12] A Glock uniuse para a tempada 2012 opiloto Charles Pic,[13], que pasou dous días de probas co equipo para novos pilotos en Abu Zabi.
Antes do 29 de setembro de 2011, Marussia xa tiña un modelo a escala do 60% do seu coche para 2012 listo para o seu uso no túnel de vento de McLaren.[14] En decembro de 2011, o equipo recibira a primeira parte da coche.[15] O equipo tamén anunciou que o coche do ano 2012 será o único coche da grella en non ter KERS.[16]
Tempada 2013
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013.
O 18 de decembro de 2012, Marussia anunciou que Max Chilton, faría o seu debut na Fórmula Un en 2013, logo de conseguir o segundo asento no equipo, converténdose no cuarto piloto diferente no equipo Marussia / Virgin.[17] Timo Glock deixou Marussia antes do comezo da tempada 2013, por "razóns comerciais".[18] Luiz Razia fixo o mesmo pouco despois cando falláronlle os patrocinadores e foi substituído por Jules Bianchi para a tempada 2013,[19] o 14 de marzo de 2013, o equipo anunciou a Rodolfo González como o seu piloto de reserva para a tempada.[20]
Ao longo do ano, Marussia e o seu rival máis próximo Caterham mantivéronse no fondo da grella, polo xeral clasificándose nas dúas últimas filas. Foilles mellor nas carreiras, e aínda que non puideron sumar ningún punto, demostraron boa fiabilidade durante toda a tempada. Para o final da tempada, terminaron décimos no campionato de construtores, por diante de Caterham, logrando importantes ingresos adicionais para 2014. O piloto inglés Max Chilton converteuse no primeiro piloto novato en terminar todas as carreiras nunha tempada.
Tempada 2014
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Para 2014, Marussia cambiou aos motores Ferrari.[21] Isto foi consecuencia de que Cosworth decidira non construír un motor para o novo regulamento de 2014.[22] O equipo mantivo tanto a Jules Bianchi como a Max Chilton.[23][24]
No Gran Premio de Mónaco de 2014, Bianchi logrou os seus primeiros puntos así como os de Marussia ao terminar noveno nunha carreira chea de acontecementos.
O 24 de xullo, o piloto americano Alejandro Rossi uniuse ao equipo como piloto de probas e reserva. O 21 de agosto, anunciouse que substituiría a Chilton no Gran Premio de Bélxica de 2014 mentres resolvían cuestións contractuais.[25] Pero, esta decisión foi revogada pola mañá seguinte durante a sesión de adestramentos libres.[26]
Durante o Gran Premio do Xapón de 2014 en Suzuka o 5 de outubro, o coche de Bianchi estrelouse na volta 43, chocando cun guindastre dos comisarios que estaba asistindo ao Sauber de Adrian Sutil, que tamén estrelárase na curva Dunlop (curva 7) na volta anterior. Sacouse o coche de seguridade e a carreira foi posteriormente suspendida. Bianchi quedou inconsciente despois do accidente. Debido ás precarias condicións meteorolóxicas no momento, foi levado ao hospital máis próximo, o da Universidade de Mie, en ambulancia en lugar de helicóptero.[27][28][29] O mesmo día, o pai de Bianchi informou que o seu fillo estaba en estado crítico cunha lesión na cabeza que requiría cirurxía no cerebro co fin de reducir as graves contusións na súa cabeza.[30][31] Pouco despois, a FIA emitiu un comunicado cun TC que demostraba que Bianchi sufriu unha "lesión grave na cabeza" no accidente, e fora transferido a coidados intensivos logo da cirurxía.[32][33]
Na primeira edición do Gran Premio de Rusia de 2014 unha fin de semana máis tarde, con Bianchi hospitalizado, o equipo inscribiu na lista de participantes ao debutante estadounidense, Alexander Rossi,[34] antes de tomar a decisión definitiva de participar cun só coche pilotado polo seu compañeiro de equipo, Max Chilton[35][36]
O 25 de outubro, anunciouse que, xunto con Caterham, Marussia non podería competir no Gran Premio dos Estados Unidos debido a razóns financeiras. Dado que o transporte dos equipos de F1 aos Estados Unidos e o Brasil e o seu regreso a Europa é coordinado en conxunto, espérase que Marussia tampouco aparecerá no Gran Premio do Brasil de 2014.[37] Pola mesma data, informes de prensa revelaron que, os equipos de F1 acordaron que os equipos en dificultades poden perder ata 2 carreiras por tempada e que, o 7 de outubro de 2014, Manor Motorsport presentou un escrito ante o Tribunal Superior de Londres presentando concurso de acredores.[38] O 27 de outubro de 2014 foille asignado un administrador concursal.[Cómpre referencia]
Na mesma semana, o principal provedor de fondos do equipo, Andrey Cheglakov, confirmou á axencia de noticias rusa Itar-Tass que se retiraba do equipo de F1.[39] Ademais, os medios de comunicación británicos informaron que os irmáns indo británicos Baljinder Sohi e Sonny Kaushal donos dun imperio da industria do aceiro serían uns compradores potenciais.[40]
O 5 de novembro de 2014, a FIA incluíu ao equipo na lista provisional de inscritos para a tempada 2015 de fórmula Un, como " Manor F1 Team"[Cómpre referencia] pero dous días máis tarde, o administrador anunciou que o equipo deixara de operar e pechaba.
Tempada 2015
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015.
O 19 de febreiro de 2015, os administradores de Manor Motorsport anunciaron que o equipo saíra da administración concursal e planificaran participar na tempada 2015 de Fórmula Un baixo o nome Manor Marussia F1 Team con John Booth e Graeme Lowdon dirixindo o equipo.[41] Isto foi posible grazas á compra do equipo polo empresario Stephen Fitzpatrick, con Justin King incorporado como presidente.[42]
O 5 de febreiro de 2015, con todo, a petición do equipo para competir na tempada 2015 usando os seus chasis de 2014 foi rexeitada polos outros participantes, logo de que Force India votara en contra da proposta.[43] Este informe foi refutado polo equipo ao día seguinte[44] Manor en última instancia, comezou a tempada cunha versión modificada do seu coche de 2014, actualizado para cumprir coas regulacións de 2015,[45] en espera de ter un novo coche construído especificamente coas regulacións de 2015 logo das vacacións de agosto.[46] O 25 de febreiro de 2015, Will Stevens foi confirmado como primeiro piloto de Manor. O 9 de marzo, anunciouse tamén que Roberto Merhi sería o segundo piloto de Manor[47] con King Jordan, fillo do novo presidente, que ademais se integrou como o piloto de desenvolvemento.
O 5 de marzo de 2015, o equipo completou as probas de choque obrigatorias e preparáronse para tomar o seu lugar na grella de saída no Gran Premio de Australia de 2015,[48] xusto a tempo da data límite do transporte aéreo, o 6 de marzo. Malia isto, os coches non estaban completados e non puideron dar nin unha soa volta debido a dificultades técnicas e perdéronse todo o evento.[49]
Na seguinte carreira en Malaisia, os dous pilotos non se clasificaron para a carreira, pero contaron co permiso dos comisarios para comezar. Con todo, Stevens non puido saír do seu garaxe no día da carreira debido a un problema no sistema de combustible no seu coche. Merhi terminou a súa primeira carreira en 15ª posición.
Antes da carreira do Canadá, o equipo anunciou a contratación de Fabio Leimer como piloto de reserva[50] e, máis importante, do antigo director técnico de Mercedes, Bob Bell, como consultor técnico.[51] Este último seguiu a unha serie doutros recrutamentos clave en maio de 2015, os de Gianluca Pisanello, antes de Caterham F1 como enxeñeiro xefe, e o ex xefe de deseño de Toro Rosso, Luca Furbatto, tamén como xefe de deseño.
A partir de Singapur, Alexander Rossi substituíu a Merhi para cinco dos sete restantes grandes premios de 2015; Merhi correu en Rusia e en Abu Zabi.[52]
antes do Gran Premio de México, o equipo anunciou que os seus xefes de equipo John Booth e Graeme Lowdon renunciaran, sendo efectiva ao final da tempada 2015, citando diferenzas co dono do equipo Stephen Fitzpatrick.[53]
Logo da tempada 2015, Manor Marussia, cambiou oficialmente o seu nome a Manor Racing[54].
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | Marussia MR03B | Ferrari 059/3 1.6 V6 t | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | AUT | GBR | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | RUS | USA | MEX | BRA | ABU | 0 | 10º | ||
Will Stevens | NPP | NTS | 15 | 16 | 17 | 17 | 17 | Ret | 13 | 16† | 16 | 15 | 15 | 19 | 14 | Ret | 16 | 17 | 18 | |||||||
Roberto Merhi | NPP | 15 | 16 | 17 | 18 | 16 | Ret | 14 | 12 | 15 | 15 | 16 | 13 | 19 | ||||||||||||
Alexander Rossi | 14 | 18 | 12 | 15 | 18 | |||||||||||||||||||||
2014 | Marussia MR03 | Ferrari 059/3 1.6 V6 t | P | AUS | MAL | BHR | CHN | ESP | MON | CAN | AUT | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | RUS | USA | BRA | ABU | 2 | 9º | ||
Max Chilton | 13 | 15 | 13 | 19 | 19 | 14 | Ret | 17 | 16 | 17 | 16 | 16 | Ret | 17 | 18 | Ret | ||||||||||
Jules Bianchi | NC | Ret | 16 | 17 | 18 | 9 | Ret | 15 | 14 | 15 | 15 | 18† | 18 | 16 | 20† | |||||||||||
2013 | Marussia MR02 | Cosworth CA2013 V8 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 0 | 10º | ||
Jules Bianchi | 15 | 13 | 15 | 19 | 18 | Ret | 17 | 16 | Ret | 16 | 18 | 19 | 18 | 16 | Ret | 18 | 20 | 18 | 17 | |||||||
Max Chilton | 17 | 16 | 17 | 20 | 19 | 14 | 19 | 17 | 19 | 17 | 19 | 20 | 17 | 17 | 19 | 17 | 21 | 21 | 19 | |||||||
2012 | Marussia MR01 | Cosworth CA2012 V8 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 0 | 11º | |
Timo Glock | 14 | 17 | 19 | 19 | 18 | 14 | Ret | NTS | 18 | 22 | 21 | 15 | 17 | 12 | 16 | 18 | 20 | 14 | 19 | 16 | ||||||
Charles Pic | 15† | 20 | 20 | Ret | Ret | Ret | 20 | 15 | 19 | 20 | 20 | 16 | 16 | 16 | Ret | 19 | 19 | Ret | 20 | 12 |
* Tempada en curso.
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Terms and Conditions". Marussia F1 Team. Manor Grand Prix Racing. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 28 de febreiro de 2013.
- ↑ Manor Grand Prix Racing Limited Arquivado 03 de xaneiro de 2013 en Archive.is, InsideView, Retrieved 29 de xaneiro de 2012
- ↑ Cooper, Adam (25 de maio de 2014). "Bianchi gives Marussia first-ever points". Foxsports.com (Fox Sports; Fox Entertainment Group). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2014. Consultado o 25 de maio de 2014.
- ↑ Allen, James (26 de outubro de 2014). "Was Marussia’s predicament preordained?". RichlandF1. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2014. Consultado o 01 de novembro de 2014.
- ↑ Price, Trent (27 de outubro de 2014). "Administrators confirm no Marussia F1 team in Austin – new buyer in the wings?". James Allen on F1. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de febreiro de 2016.
- ↑ "Manor F1 Team on provisional 2015 entry list". ESPN Sport UK. 5 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2014.
- ↑ "Marussia F1 team fold after crisis talks". BBC Sport. 7 de novembro de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2014.
- ↑ Noble, Jonathan (1 de novembro de 2011). "Virgin applies for name change to become Marussia". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 1 de novembro de 2011.
- ↑ Cooper, Adam (3 de novembro de 2011). "Caterham, Lotus and Marussia name changes approved". Adam Cooper's F1 Blog (WordPress). Consultado o 4 de novembro de 2011.
- ↑ "11:56 PM, 31 de decembro de 2011". Twitter. Twitter, Inc. 31 de decembro de 2011. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Virgin staying with team after 2012 name change". Motorsport.com (Motorsport.com, Inc.). Global Motorsport Media. 3 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2016. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ Strang, Simon (24 de xullo de 2011). "Timo Glock has re-signed with Virgin on a new three-year deal". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 3 de xaneiro de January 2012.
- ↑ "Marussia Virgin Racing Completes 2012 Race Driver Line-up". Marussia Virgin Racing (Virgin Racing). 27 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2011. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ "No Formula 1 KERS kit or big jump for Marussia Virgin in 2012". F1SA (Formula One Supporters Association). 29 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ Noble, Jonathan (6 de decembro de 2011). "Virgin Racing team principal John Booth is upbeat about the progress his outfit can make in 2012". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ Dodgins, Tony (1 de xaneiro de 2012). "Marussia Virgin Racing". GrandPrix.com. Inside F1, Inc. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2012. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
In 2012, however, Virgin will be the only team on the grid without a KERS system, with HRT having extended its Williams gearbox/hydraulics agreement to include the power-boosting device.
- ↑ http://www.autosport.com/news/report.php/id/104867
- ↑ http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/21119720
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2013.
- ↑ "In Reserve". marussiaf1team.com (Marussia F1). 14 de marzo de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2013.
- ↑ "Marussia gets Ferrari engines for 2014". Autosport.com (Haymarket Publications). 16 de xullo de 2013. Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Marussia consider 2014 Mercedes or Ferrari Formula 1 engine supply option". F1sa.com. 29 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2013. Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Jules Bianchi will remain with the Marussia Formula 1 team for 2014". Autosport.com (Haymarket Publications). 3 de outubro de 2013. Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
- ↑ Tremayne, Sam; Straw, Edd (11 de xaneiro de 2014). "Max Chilton retains Marussia seat for 2014 Formula 1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
Max Chilton will line up alongside Jules Bianchi again in 2014, after Marussia confirmed it will retain the Briton for a second year, making the announcement at AUTOSPORT International
- ↑ "Rossi to race in Spa". Marussia. 21 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 21 de agosto de 2014.
- ↑ "Chilton to race as Marussia make Belgian U-turn". Formula 1. 22 de agosto de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2014.
- ↑ "AUTOSPORT Live: Sunday - Japanese Grand Prix - F1 2014 Japanese Grand Prix". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 5 de outubro de 2014.
- ↑ "Formula 1 - Bianchi 'undergoing surgery' after Suzuka crash". Yahoo Eurosport UK. 5 de outubro de 2014. Consultado o 5 de otubro de 2014.
- ↑ Jules Bianchi taken to hospital unconscious following crash Arquivado 05 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Smith, Luke. NBC Sports Network, 5 de outubro de 2014
- ↑ "Bianchi operato per grave ematoma (update)". Autosprint. 5 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 01 de novembro de 2014. (en italiano)
- ↑ Japanese Grand Prix Live from Suzuka, Sky Sports, 5 de otubro de 2014
- ↑ "F1 driver Jules Bianchi injured after crash in Japan – latest updates", The Guardian, 5 de outubro de 2014
- ↑ "Bianchi undergoes surgery after Suzuka crash". Formula 1. 5 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2014. Consultado o 5 de outubro de 2014.
- ↑ "2014 RUSSIAN GRAND PRIX" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ "Chilton to be Marussia's sole entrant in Russia". formula1.com. Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ Benson, Andrew (10 de outubro de 2014). "Marussia to run one car in Russia after Jules Bianchi crash". BBC Sport. Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ "Marussia and Caterham to miss US Grand Prix - Bernie Ecclestone". BBC. 25 de outubro de 2014.
- ↑ Price, Trent (26 de outubro de 2014). "Was Marussia’s predicament preordained?". RichlandF1.
- ↑ Price, Trent (28 de outubro de 2014). "Hard month for collapsing backmarker Marussia". Grandprix.com.
- ↑ Price, Trent (27 de outubro de 2014). "Brothers look to save troubled Marussia?". Grandprix.com.
- ↑ Esler, William (4 de febreiro de 2015). "Marussia's administrators say the team will exit administration on February 19". Sky Sports (BSkyB). Consultado o 6 de febreiro de 2015.
- ↑ Benson, Andrew (5 de marzo de 2015). "Manor Marussia aim to be ready for start of F1 season". BBC Sport. BBC. Consultado o 6 de marzo de 2015.
- ↑ "Marussia comeback blocked by Force India no vote". bbc.co.uk (BBC Sport). 5 de febreiro de 2015. Consultado o 6 de febreiro de 2015.
- ↑ Gill, Pete (7 de febreiro de 2015). "Defiant Marussia insist their return as Manor F1 in 2015 is still going ahead". Sky Sports (BSkyB). Consultado o 7 de febreiro de 2015.
- ↑ Noble, Jonathan (5 de marzo de 2015). "Manor passes FIA crash tests with updated 2014 Marussia". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de agosto de 2015.
- ↑ Barretto, Lawrence (17 de abril de 2015). "Manor's 2015 Formula 1 car not expected until August break". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de agosto de 2015.
- ↑ "Manor Marussia announce Roberto Merhi as second driver". BBC Sport. 10 de marzo de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2015.
- ↑ "Manor Marussia cleared to race after successful crash tests". BBC Sport (BBC). 5 de marzo de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015.
- ↑ Rose, Gary (14 de marzo de 2015). "Australian Grand Prix qualifying – As it happened". BBC Sport. BBC. Consultado o 14 de marzo de 2015.
- ↑ Wise, Mike (3 de xuño de 2015). "Fabio Leimer joins Manor Marussia as reserve driver". Sky Sports. BSkyB. Consultado o 3 de xuño de 2015.
- ↑ Parkes, Ian (1 de xuño de 2015). "Manor F1 team recruits ex-Mercedes technical director Bob Bell". Autosport. Consultado o 5 de xuño de 2015.
- ↑ Benson, Andrew (16 de setembro de 2015). "Formula 1: Manor sign Alexander Rossi for five races". BBC Sport. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ Parkes, Ian (30 de outubro de 2015). "Manor Formula 1 team bosses John Booth and Graeme Lowdon resign". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2015. Consultado o 30 October 2015.
- ↑ https://twitter.com/ManorRacing
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marussia F1 |