Martin Solveig
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Martin Picandet 22 de setembro de 1976 (48 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | disc-jóckey, cantautor, produtor musical, compositor, cantante, compositor de cancións |
Período de actividade | 2002 - |
Xénero artístico | House |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Spinnin' Records (pt) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | martinsolveig.com |
Martin Solveig, nado Martin Picandet o 22 de setembro de 1976, é un DJ, cantante esporádico e produtor francés de música electrónica. Tamén realiza un programa na radio FG DJ Radio. Ten contrato con Defected Records de Londres.
Inicios da súa carreira
[editar | editar a fonte]Nado no 1976, aos 13 anos conseguiu o seu primeiro tocadiscos, mais non foi até 1992 que Martin se decidiu a comezar a súa carreira na música electrónica aínda sendo educado na música clásica (Martin era un solista soprano no coro parisiense Les Petits Chanteurs de Sainte-Croix de Neuilly). Debutou coa súa primeira residencia no club de París Le Palace co apoio de Claude Monnet.
Martin Solveig mudouse a outro famoso club nocturno parisiense Les Bains Douches, onde traballou con famosos DJ's como Todd Terry, Roger Sánchez e Bob Sinclar. A súa popularidade chegou aínda máis lonxe grazas ás festas Pure no Queen Club tanto no papel de DJ, como de director artístico.
Discos gravados nos seus inicios
[editar | editar a fonte]Comezou a producir nunha etapa temperá da súa carreira. A través do seu propio selo, editou dous sinxelos de 12 polgadas, "Heart of Africa" e "Come With Me". Estes combinan a música dance coa música interpretada con instrumentos tradicionais. Bob Sinclar convidouno a se unir ao proxecto Africanism que combina música africana e música electrónica. Após isto, lanzou o sinxelo "Edony", con boa acollida en todo o mundo.
Carreira posterior
[editar | editar a fonte]No 2002, lanzou o álbum Sur La Terre, que contén tanto "Heart of Africa" como "Edony". O álbum foi lanzado internacionalmente por Universal Music. Outra faixa notábel do álbum é "Linda", un tributo a Fela Kuti e Serge Gainsbourg. O álbum foi lanzado no 2004 nos Estados Unidos. No 2003, traballou con Salif Keïta en "Madan" que triunfou en Europa, sobre todo en Francia, Italia e Grecia. "Rocking Music", na que destaca unha figura rítmica de guitarra punk rock (e tamén coñecido por ter a voz de Jay Sebag), chegou ao top 40 en Australia. "Madan" e "Rocking Music" foran remisturados no seu segundo álbum, Suite. Madan foi remisturado novamente como unha canción para a Copa do mundo de Francia, 'Zidane Il Va Marquer!" antes da final entre Italia e Francia. Os seguintes sinxelos inclúen "I'm A Good Man", and "Everybody". Solveig era un dos produtores para o álbum de Bob Sinclar Western Dream. No ano 2007 Martin Solveig foi o DJ do congreso do UMP, o partido de ideoloxía conservadora de Nicolas Sarkozy, xusto antes da escolla presidencial francesa.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum | Posto | |||
---|---|---|---|---|---|
FRA [1] |
BEL (FLA) | BEL (WAL) | SWI [2] | ||
2002 | Sur la Terre
|
— | — | — | — |
2003 | Suite
|
84 | — | — | — |
2005 | Hedonist
|
43 | — | 99 | — |
2008 | C'est La Vie
|
16 | 99 | 23 | 59 |
2011 | Smash
|
18 | — | 37 | 77 |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- 1998 "Break Da EP"
- 1999 "Heart Of Africa/Afro Deep"
- 2000 "Come With Me"
- 2000 "Destiny"
- 2000 "Edony (Clap Your Hands)", como Africanism
- 2001 "Mr. President"
- 2002 "Linda"
- 2002 "Someday"
Ano | Título | Posto | Certificaciones | Álbum | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
FRA [1] |
AUS [4] |
AUT [5] |
BEL (FL) [6] |
CAN [7] |
BEL (WA) [6] |
NLD [8] |
NZ [9] |
SWI [2] |
UK [10] |
US [11] | ||||
2003 | "Madan" (vs. Salif Keïta) | 37 | — | — | — | — | 64 | 87 | — | 66 | — | — | Sur La Terre | |
"Rocking Music" | 47 | 39 | — | 54 | — | 64 | 82 | — | — | 35 | — | |||
"Heartbeat" [A] | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | |||
2004 | "I'm a Good Man" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | 57 | — | ||
2005 | "Everybody" | 37 | 33 | — | 28 | — | 27 | — | — | — | 22 | — | Hedonist | |
2006 | "Jealousy" | 36 | — | — | 30 | — | 40 | — | — | 60 | 62 | — | ||
"Something Better" | — | — | — | — | — | 64 | — | — | — | — | — | |||
2007 | "Rejection" | 34 | — | — | 57 | — | 52 | — | — | 55 | — | — | ||
2008 | "C'est La Vie" | — | — | — | 53 | — | 59 | — | — | 63 | — | — | C'est la vie | |
"I Want You" (con Lee Fields) | 59 | — | — | 54 | — | 37 | — | — | — | — | — | |||
2009 | "One 2.3 Four" | — | — | — | 52 | — | 57 | — | — | — | — | — | ||
"Boys & Girls" (con Dragonette) | 17 | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | Smash | ||
2010 | "Hello" (con Dragonette) | 5 | 13 | 1 | 1 | 8 | 2 | 1 | 5 | 10 | 13 | 46 | ||
2011 | "Ready 2 Go" (con Kele) | 20 | — | 49 | 65 | — | 58 | 24 | — | 70 | 48 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "French Charts > Martin Solveig". lescharts.com/.
- ↑ 2,0 2,1 "Swiss Charts > Martin Solveig". hitparade.ch/.
- ↑ http://itunes.apple.com/fr/album/smash/id439636826
- ↑ "Australian Charts > Martin Solveig". australian-charts.com/.
- ↑ "Austrian Charts > Martin Solveig". austriancharts.at/.
- ↑ 6,0 6,1 http://www.ultratop.be/en/search.asp?cat=s&lang=nl&search=martin solveig
- ↑ http://www.billboard.com/charts/canadian-hot-100
- ↑ "Dutch Charts > Martin Solveig". dutchcharts.nl/.
- ↑ "New Zealand Charts > Martin Solveig". charts.org.nz/. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2012. Consultado o 01 de outubro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 30 de maio de 2012.
- ↑ http://www.billboard.com/#/charts/hot-100?chartDate=2011-04-23&order=gainer
- ↑ "ARIA Charts > Accreditations > 2011 Singles". Australian Recording Industry Association. Consultado o 2011-02-14.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28/06/2013. Consultado o 26/08/2018.
- ↑ "Italian Singles Chart > Accreditations > 2011 Singles" (PDF). Federation of the Italian Music Industry. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2011. Consultado o 2011-02-25.
- ↑ "New Zealand Singles Chart > Accreditations > 2011 Singles". Recording Industry Association of New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 2011-02-27.
- ↑ "Martin Solveig Says "Hello" to RIAA Gold". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2011. Consultado o 01 de outubro de 2011.