Saltar ao contido

Marisqueo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mariscador»)
Mariscando no Grove.
Mariscando na ría da Coruña.

O marisqueo é unha actividade de recolección de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en toda a beiramar. O marisqueo defínese legalmente como unha "modalidade específica de pesca, consistente na actividade dirixida á captura de mariscos".

Marisqueo artesanal

[editar | editar a fonte]

A forma máis sinxela e artesanal de mariscar, é a que se centra en capturar moluscos na costa areosa, e faise a pé, sen utilizar embarcación. As especies principais que capturan os mariscadores a pé son a ameixa fina, a ameixa babosa e o berberecho.

O outro método tradicional de marisqueo é desde unha embarcación.

O marisqueo en Galicia

[editar | editar a fonte]

O mar é a segunda fonte de ingresos na costa de Galicia, despois do turismo.[Cómpre referencia]