Marion Jones
Marion Lois Jones, nada nos Ánxeles o 12 de outubro de 1975, tamén coñecida como Marion Jones-Thompson, é unha ex atleta estadounidense e xogadora de baloncesto cos Tulsa Shock na WNBA. Gañou tres medallas de ouro e dúas de bronce nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, mais posteriormente foi desposuída das súas medallas tras admitir que empregara esteroides.[1][2] Jones conservou os seus tres títulos de campioa do mundo que obtivo entre 1997 e 1999.
No momento da súa confesión e asunción de culpabilidade, Jones era unha das deportistas máis célebres ligadas co escándalo BALCO.[3] O caso contra BALCO afectou a máis de vinte deportistas de alto nivel, incluído o ex marido de Jones, o lanzador de peso C.J. Hunter, e o velocista dos 100 m lisos Tim Montgomery, pai do primeiro fillo de Jones.
Marcas persoais
[editar | editar a fonte]Data | Proba | Lugar | Resultado |
---|---|---|---|
12 de setembro de 1998 | 100 m | Johannesburg | 10.65A |
22 de agosto de 1999 | 100 m | Sevilla | 10.70 |
11 de setembro de 1998 | 200 m | Johannesburg | 21.62A |
13 de agosto de 1997 | 200 m | Zürich | 21.76 |
22 de abril de 2001 | 300 m | Walnut, California | 35.68 |
16 de abril de 2000 | 400 m | Walnut, California | 49.59 |
31 de maio de 1998 | Salto de lonxitude | Eugene, Oregón | 7.31 |
Resultados individuais
[editar | editar a fonte]Ano | Competición | Lugar | Proba | Resultdo | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Representando os Estados Unidos | |||||
1992 | Campionato do Mundo Júnior | Seúl, Corea do Sur | 5.ª | 100 m | 11.58 (vento: 0.3 m/s) |
7.ª | 200 m | 24.09 (vento: 0.3 m/s) | |||
2.ª | Remudas 4×100 m | 44.51 | |||
1997 | Campionato do Mundo de Atletismo | Atenas, Grecia | 1.ª | 100 m | 10.83 |
10.ª | Salto de lonxitude | 6.63 m | |||
1998 | Copa do mundo da IAAF | Johannesburg, Suráfrica | 1.ª | 100 m | 10.65A |
1.ª | 200 m | 21.62A | |||
2.ª | Salto de lonxitude | 7.00A | |||
1999 | Campionato do Mundo de atletismo | Sevilla, España | 1.ª | 100 m | 10.70 |
3.ª | Salto de lonxitude | 6.83 | |||
2000 | Xogos Olímpicos | Sydney, Australia | DSQ | 100 m | 10.75 |
DSQ | 200 m | 21.84 | |||
DSQ | Salto de lonxitude | 6.92 | |||
2001 | Campionato do Mundo de atletismo | Edmonton, Canadá | DSQ | 100 m | 10.85 |
DSQ | 200 m | 22.39 | |||
2002 | Copa do Mundo da IAAF | Madrid, España | DSQ | 100 m | 10.90 |
- O COI e a IAAF desposuíron a Jones de todas as medallas, puntos e resultados obtidos despois do 1 de setembro de 2000, logo de que admitise o uso de esteroidos antes dos Xogos Olímpicos de verán de 2000.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Associated Press (12 de decembro de 2007). "IOC strips Jones of all 5 Olympic medals". MSNBC.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2008. Consultado o 19 de setembro de 2019.
- ↑ "Jones Returns 2000 Olympic Medals". Channel4.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2009. Consultado o 8 de outubro de 2007.
- ↑ Schmidt, Michael S.; Zinser, Lynn (5 de outubro de 2007). "Jones Pleads Guilty to Lying About Drugs". The New York Times. Consultado o 5 de outubro de 2007.
- ↑ Armour, Nancy (8 de outubro de 2007). "Marion Jones returns her five Olympic medals, accepts 2-year ban". pantagraph.com. Associated Press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marion Jones |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- New York Times Topic: People: Marion Jones
- 10-05-2007 Federal Plea Bargain Agreement
- 12-28-2007 Marion Jones' Legal Filing Requesting Parole
- Complete text, audio, video of Marion Jones-Thompson apology speech
- "Profiles in Speed: Marion Jones". Top Speed. 2003. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2008.