Marilyn vos Savant
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Marilyn Mach 11 de agosto de 1946 (78 anos) Hazebrouck, Francia |
Educación | Universidade Washington em St. Louis (pt) |
Actividade | |
Ocupación | columnista, escritora, xornalista, dramaturga |
Pseudónimo literario | Marilyn vos Savant |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Jarvik (1987–) |
Premios | |
Marilyn vos Savant (|ˌvɒs səˈvɑːnt|), nada como Marilyn Mach[1] en St. Louis o 11 de agosto de 1946,[2] é unha columnista, escritora, conferenciante e dramaturga estadounidense.[3] Foi considerada polo Guinness Book of Records como a persoa co maior cociente intelectual (CI) rexistrado, categoría que posteriormente a publicación retirou. Dende 1986 escribiu "Ask Marilyn", unha columna dominical na revista Parade en que resolve crebacabezas e contesta preguntas sobre diferentes temas. Entre eles destacou unha discusión sobre o problema de Monty Hall, ao que propuxo unha solución en 1990.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marilyn vos Savant é filla de Joseph Mach e Marina vos Savant. Savant considera que se deben conservar os apelidos anteriores ao matrimonio, cos fillos adoptando os do pai e as fillas os da nai.[4][5] A palabra savant, que significa alguén que aprende, aparece dúas veces na súa familia: o apelido da súa avoa era Savant e o do seu avó vos Savant. É de ascendencia italiana, checoslovaca,[6] alemá,[7] e austríaca, sendo descendente do físico e filósofo Ernst Mach.[8]
De adolescente, Savant traballou na tenda do seu pai e escribiu para xornais locais con pseudónimo. Casou aos dezaseis anos e divorciouse dez anos despois. O seu segundo matrimonio rematou cando tiña 35 anos.
Asisitu ao Meramec Community College e estudou filosofía na Universidade de Washington en St. Louis, mais deixouna dous anos despois para axudar a súa familia nun negocio de investimentos. Savant mudouse a Nova York na década de 1980 para seguir unha carreira como escritora. Antes de comezar a columna "Ask Marilyn", escribiu Omni I.Q. Quiz Contest para a revista Omni, que incluía cuestionarios sobre o cociente intelectual e exposicións sobre a intelixencia e a súa medida.
Savant casou con Robert Jarvik (un dos desenvolvedores do corazón artificial Jarvik-7 o 23 de agosto de 1987,[9][10] e foi nomeada directora financeira de Jarvik Heart, Inc. Participou tamén na xunta directiva do National Council on Economic Education, na xunta de conselleiros da National Association for Gifted Children e no National Women's History Museum,[11] e como membro do Committee for Skeptical Inquiry.[12] Toastmasters International nomeouna unha das "Five Outstanding Speakers of 1999", e en 2003 recibiu un doutoramento en letras honorífico por The College of New Jersey.
Salto á fama e tests de intelixencia
[editar | editar a fonte]Savant foi incluída no Guinness Book of World Records como "Maior CI" entre 1985 e 1989[1] e entrou no Salón da Fama do Libro Guinness en 1988.[1][13] Guinness retirou a categoría en 1990 tras decidir que os tests de intelixencia eran demasiado pouco fiables para designar un único posuidor do récord.[1] A inclusión chamou a atención de todo o país.[14]
Guinness citou os resultados de vos Savant en dous tests de intelixencia, o Stanford-Binet e o Mega Test. Realizou o test Stanford-Binet, Second Revision de 1937 aos dez anos.[7] Afirmou que o seu primeiro test o realizou en setembro de 1956 e a medida da súa idade mental era de 22 anos e dez meses, obtendo unha puntuación de 228.[7] Este foi o número incluído no Guinness Book of World Records, aparece nas seccións biográficas dos seus libros e é o que dá nas entrevistas.
O segundo test mencionado por Guinnes foi o Mega Test de Hoeflin, que realizou a mediados da década de 1980. O Mega Test obtén unha puntuación do CI multiplicando a puntuación Z normalizada do suxeito, ou a rareza dos datos brutos pola desviación típica e engade o resultado a 100. Os datos brutos de Savant foron de 46 sobre 48, cunha puntuación Z de 5,4 e unha desviación de 16, chegando a un CI de 186. O Mega Test foi criticado por psicólogos profesionais como deseñado e puntuado de xeito impropio, "nada menos que a pulverización do número".[15]
Savant ve os tests de intelixencia como medidas dunha variedade de habilidades mentais e pensa que a intelixencia implica tantos factores que "intentar medilos é inútil".[16] Vos Savant é membro das sociedades de alto cociente intelectual Mensa International e Mega Society.[17]
"Ask Marilyn"
[editar | editar a fonte]Despois da súa inclusión no Guinness Book of World Records en 1986, a revista Parade publicou un perfil dela xunto cunha selección de preguntas dos lectores e as súas respostas. Parade continuou a recibir preguntas, polo que se creou a columna "Ask Marilyn". Empregouna para contestar cuestións sobre moitos temas académicos, resolver crebacabezas propostos polos lectores, dar consellos empregando a lóxica e dar probas e crebacabezas ideados por ela mesma. Ademais da columna impresa semanal, "Ask Marilyn" foi unha columna diaria en liña en que resolvía preguntas controvertidas, corrixía erros, ampliaba respostas, volvía publicar artigos e resolvía cuestións adicionais.
Tres dos seus libros (Ask Marilyn, More Marilyn e Of Course, I'm for Monogamy) son recompliacións de preguntas e respostas de "Ask Marilyn". The Power of Logical Thinking inclúe moitas preguntas e respostas da columna.
Obras
[editar | editar a fonte]- 1985 – Omni I.Q. Quiz Contest
- 1990 – Brain Building: Exercising Yourself Smarter (co-written with Leonore Fleischer)
- 1992 – Ask Marilyn: Answers to America's Most Frequently Asked Questions
- 1993 – The World's Most Famous Math Problem: The Proof of Fermat's Last Theorem and Other Mathematical Mysteries
- 1994 – More Marilyn: Some Like It Bright!
- 1994 – "I've Forgotten Everything I Learned in School!": A Refresher Course to Help You Reclaim Your Education
- 1996 – Of Course I'm for Monogamy: I'm Also for Everlasting Peace and an End to Taxes
- 1996 – The Power of Logical Thinking: Easy Lessons in the Art of Reasoning...and Hard Facts about Its Absence in Our Lives
- 2000 – The Art of Spelling: The Madness and the Method
- 2002 – Growing Up: A Classic American Childhood
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Knight, Sam (10 de abril de 2009). "Is a high IQ a burden as much as a blessing?". Financial Times (Financial Times Ltd). Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ "MILESTONES: August 11 birthdays for Viola Davis, Tomi Lahren, Joe Rogan". Brooklyn Eagle. 11 de agosto de 2020. Consultado o 3 de outubro de 2020.
- ↑ The Time Everyone "Corrected" the World's Smartest Woman". Priceonomics, 19 de febreiro de 2015
- ↑ vos Savant, Marilyn (25 de novembro de 2007). "Ask Marilyn". Parade. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2008.
- ↑ vos Savant, Marilyn (23 de xaneiro de 2008). "Keeping It in the Family". Parade.
- ↑ vos Savant, Marilyn (4 de maio de 2013). "Ask Marilyn: The 'First Sandwich Generation': True Trend or Marketing Invention?". Parade. Consultado o 2013-08-15.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Baumgold, Julie (6 de febreiro de 1989). "In the Kingdom of the Brain". New York Magazine (New York Media, LLC).
- ↑ Vitez, Michael (12 de outubro de 1988). "Two of a Kind". The Chicago Tribune.
- ↑ "Love Stories We Love". Parade (en inglés). 6 de febreiro de 2015. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ McCleary, Kathleen (11 de setembro de 2018). "Marilyn's Rules for a Happy Marriage". Parade (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ "About – National Women's History Museum – NWHM". Consultado o 19 de febreiro de 2016.
- ↑ "CSI Fellows and Staff". Center for Inquiry. Consultado o 20 de xuño de 2012.
- ↑ "Ask Marilyn Stream". Parade: Entertainment, Recipes, Health, Life, Holidays.
- ↑ Knight, Sam (10 de abril de 2009). "Is a high IQ a burden as much as a blessing?". Financial Times (Financial Times Ltd.). Castles, Elaine E. (6 de xuño de 2012). Inventing Intelligence. ABC-CLIO. p. 3. ISBN 978-1-4408-0338-3. Consultado o 31 de agosto de 2013.
- ↑ Carlson, Roger D. (1991). Keyser, Daniel J.; Sweetland, Richard C., eds. Test Critiques. Test Critique: The Mega Test (Volume VIII ed.) (PRO-ED). pp. 431–435. ISBN 0-89079-254-2.
- ↑ vos Savant, Marilyn (17 de xullo de 2005). "Ask Marilyn: Are Men Smarter Than Women?". Parade. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 2008-02-25.
- ↑ Thompson, D. (5 de xullo de 1986). "Marilyn's Most Vital Statistic". The Courier-Mail.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Páxina oficial". Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2018.
- "Ask Marilyn". Parade.