Mariano Tudela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1925 A Coruña, España |
Morte | 12 de outubro de 2001 (76 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, guionista, escritor, novelista |
Familia | |
Fillos | Olivia Rodríguez |
Premios | |
Mariano Rodríguez Tudela, coñecido como Mariano Tudela, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1925 e finado en Madrid o 12 de outubro de 2001, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela e Madrid. En 1948 publicou o seu primeiro libro de relatos, La linterna mágica, ao que seguiron dous anos despois a novela curta El hombre de las tres escopetas e, en 1951, a súa primeira novela longa, El torerillo de invierno. Fundou en 1954 con Urbano Lugrís a revista Atlántida. Instalouse en Madrid en 1956, onde colaborou na prensa e foi guionista de radio, televisión e cine, e tradutor. Fundou en 1963 a revista de radio e televisión CAR. Publicou once novelas, cinco libros de contos e cincuenta biografías noveladas (publicadas co pseudónimo de René Luard). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1988) e a Medalla de Bronce de Galicia (1998).
Obras
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Narrativa
[editar | editar a fonte]- La linterna mágica, 1948.
- El hombre de las tres escopetas, 1953.
- Más que maduro, 1956.
- El aliento del diablo, 1978.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- La Bella Otero, 1957.
- Valle-Inclán, vida y milagros, 1969.
- La Galería Siniestra, 1968-1972.
- Azorín, 1969.
- Camilo José Cela, 1970.
- Vivir en La Coruña, 1976.
- Álvaro Cebreiro, 1983.
- Aquellas tertulias de Madrid, 1984.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ascensión González Deus, e foi pai de Mariano, Olivia, Lucía e Luís Rodríguez González.