Saltar ao contido

Mariano Gómez-Zamalloa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mariano Gómez Zamalloa»)
Modelo:BiografíaMariano Gómez-Zamalloa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1897 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Governador-geral (pt) Traducir África Occidental Española
23 de maio de 1957 – 10 de xaneiro de 1958 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeEspaña franquista, zona baixo o control da facción nacionalista e Segunda República Española Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra do Rif
guerra civil española
Guerra de Ifni (pt) Traducir
Fronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5488770

Mariano Gómez-Zamalloa y Quirce, nado na Coruña o 26 de marzo de 1897 e finado en Madrid o 4 de setembro de 1973, foi un militar galego que acadou o grao de tenente xeneral. Despois de varios anos loitando na Guerra do Rif, tivo unha relevante participación na Guerra Civil, especialmente durante a Batalla do Jarama. Anos máis tarde tamén participou na Segunda Guerra Mundial, integrado na División Azul, e na Guerra de Ifni.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na Coruña o 26 de marzo de 1897,[1][2] ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1909,[3] con quince anos de idade. Despois de saír da Academia como segundo tenente, foi destinado ao Rexemento de Infantería de Aragón nº 21, e máis tarde participou na Guerra do Rif como oficial de regulares.[1]

Guerra civil

[editar | editar a fonte]

No momentod o estalido da guerra civil española ostentaba o grao de capitán e foi destinado ao Grupo de Regulares nº 3 de Ceuta.[4] Sumouse á sublevación militar e, liderando unha unidade de Regulares, cruzou o estreito de Xibraltar a bordo do destrutor Churruca, desembarcando en Cádiz e asegurando o control da cidade. Posteriormente trasladouse a Xerez da Fronteira, onde dirixiu varias columnas formadas por dereitistas e terratenentes cos que participou en varias operacións militares nas provincias de Cádiz e Sevilla, tomando as localidades de Arcos de la Frontera e Olvera.[5] Posteriormente a súa unidade tamén participou no avance cara a Madrid, atravesando Estremadura e o Val do Texo. Durante as duras batallas co Exército Republicano polo control da capital, Gómez-Zamalloa loitou na Casa de Campo, en Carabanchel e en Ciempozuelos.

Durante a Batalla do Jarama destacou coa súa unidade na defensa do "Pingarrón",[6] unha posición elevada que acabou tendo un gran valor estratéxico durante a batalla.[7] Durante a defensa desta posición quedou gravemente ferido polo lume inimigo.[8][9] Trala batalla foi alcumado o "heroe de Pingarrón" [10] e foi condecorado en 1940 coa Cruz Laureada de San Fernando.[9] Durante o resto da guerra non volveu participar en ningunha acción bélica.

Ditadura franquista

[editar | editar a fonte]
Gómez-Zamalloa (esquerda) ao seu regreso da Unión Soviética, en Donostia (1942).

En 1941, en plena Segunda Guerra Mundial, uniuse á División Azul e loitou na Fronte Oriental como parte da Wehrmacht. Gómez-Zamalloa, que se distinguiu na División Azul,[10] chegou a ser o subcomandante dun dos rexementos da unidade.[11] Regresou a España en maio de 1942, pasando a tomar o mando de varias unidades militares.

En 1952 formou parte da mesa-presidencia do I Congreso Nacional de Excombatientes, celebrado en Madrid. [12] Foi gobernador xeral da África Occidental Española [13] entre 1957 e 1958.[14] Durante o período no que estivo á fronte deste territorio, tivo un papel destacado durante a Guerra de Ifni ao conseguir conter a ofensiva da guerrilla marroquí contra as guarnicións españolas no Sáhara Español e en Ifni.[15] Tamén exerceu como gobernador xeral de Ifni.[16] Ao seu regreso á península, foi nomeado comandante da División Acoirazada Brunete, con base en Madrid. Acadou o grao de tenente xeral.

Faleceu en Madrid o 4 de setembro de 1973 por mor dun coma hepático.[1][17]

  1. 1,0 1,1 1,2 Arbués Villa 1990, p. 462.
  2. Fernández 1988, p. 205.
  3. Mazarrasa 1993, p. 45.
  4. AA. VV. 2006, p. 33.
  5. Preston 2013, p. 200.
  6. Cardona 2006, p. 130.
  7. O «Pingarrón» é un outeiro que domina o val do río Jarama e que adquiriu un gran valor durante a batalla, desenvolvéndose sanguentos combates pola súa posesión.
  8. Canales & del Rey 2010, p. 272.
  9. 9,0 9,1 Varela Iglesias 2006, p. 284n.
  10. 10,0 10,1 Cardona 2003, p. 267.
  11. Pardo Martínez 2005, p. 217.
  12. Alcalde 2014.
  13. Segura Valero 2006, p. 172.
  14. Morillas 1988, p. 89.
  15. Santamaría 1984.
  16. Espadas Burgos 1988, p. 218.
  17. "Ha muerto el teniente general Gómez-Zamalloa". ABC (en castelán). 5 de setembro de 1973. Consultado o 13 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • AA. VV. (2006). Dos siglos de imagen de Andalucía. Sevilla: Centro de Estudios Andaluces. 
  • Alcalde, Ángel (2014). Los excombatientes franquistas (1936-1965). Prensas de la Universidad de Zaragoza. 
  • Arbués Villa, Javier; Fatás Cabeza, Guillermo (1990). Gran Enciclopedia de España X. Enciclopedia de España. 
  • Canales, Carlos; Del Rey, Miguel (2010). Breve historia de la Guerra de Ifni-Sáhara. Ediciones Nowtilus. 
  • Cardona, Gabriel (2003). El gigante descalzo. El ejército de Franco. Aguilar. 
  • Cardona, Gabriel (2006). Historia militar de una guerra civil. Estrategias y tácticas de la guerra de España. Flor del Viento Ediciones. 
  • Espadas Burgos, Manuel (1988). "Franquismo y política exterior". Rialp. 
  • Fernández, Carlos (1988). La Guerra Civil en Galicia. La Coruña: La Voz de Galicia. 
  • Morillas, Javier (1988). Sahara occidental, desarrollo y subdesarrollo. Madrid: Prensa y Ediciones Iberoamericanas. 
  • Pardo Martínez, Serafín (2005). Un año en la División Azul. Valladolid: AF Editores. 
  • Preston, Paul (2013). El Holocausto Español. Odio y Exterminio en la Guerra Civil y después. Barcelona: Debolsillo. 
  • Santamaría, Ramiro (1984). Ifni y Sahara: la guerra ignorada. Madrid: Ediciones Dyrsa. 
  • Segura Valero, Gastón (2006). La Guerra que silenció Franco. Madrid: Martínez Roca. 
  • Varela Iglesias, José Enrique (2006). Jesús N. Núñez Calvo, ed. General Varela: Diario de Operaciones, 1936-1939. Madrid: Almena Ediciones. 
  • Mazarrasaf, Javier de (1993). Corazón, cañones, corazas: División Acorazada Brunete no. 1 : cincuenta años de historia (en castelán). ISBN 9788460615538. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]