Saltar ao contido

Mariam Budia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariam Budia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Logroño, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Alcalá
Real Escuela Superior de Arte Dramático Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturga, escritora, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coreia (pt) Traducir
Kobe City University of Foreign Studies (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables

Sitio webmariambudia.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1738489 Dialnet: 2252832

Mariam Budia González, nada en Logroño o 14 de marzo de 1970, é unha dramaturga e escritora española.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariam Budia é doutora en Filoloxía Hispánica, especializada en Teoría, Historia e Práctica do Teatro pola Universidade de Alcalá, ademais de ser licenciada en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid (RESAD), e Diplomada de Honra en Música polo Conservatorio Profesional de Música de Logroño.[2][3]

Traballou como docente na Universidade de Corea[4] onde impartiu clases de literatura dramática e recibiu un premio de excelencia docente por elas. Tamén traballou na Universidade de Estudos Estranxeiros de Kobe, no Xapón.[2]

Na súa faceta de escritora, salienta pola procura de novas linguaxes para uns personaxes que poidan verse libres do seu ambiente natural e do pensamento colectivo.[2] A actriz estadounidense Casey Wilson realizou unha breve imitación dela en The Dakota Fanning Show, en Saturday Night Live, USA, o 1 de marzo de 2008.[5]

Tamén realiza colaboracións en revistas e xornais de eido nacional, así como en emisoras de radio, e participa como relatora en conferencias internacionais sobre literatura española.[3][6] Algún dos seus traballos como autora foron traducidos ó inglés e ó coreano.[7][8]

  1. ", Mariam Budia - Biblioteca Nacional de España". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 ", Autor en BUSCAUTORES". Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Rioja, La. "Mariam Budia estrena monólogo en Madrid". larioja.com (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  4. ", Mariam Budia Korea University". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  5. "The SNL Archives - Mariam Budia". Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  6. "KBS Radio". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  7. "Columbia University Libraries – English translation of Carlaño". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  8. "Translatin – Seoul National University" (PDF). Consultado o 24 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]