Saltar ao contido

Marc Birkigt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarc Birkigt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1878 Editar o valor en Wikidata
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Versoix, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of Versoix (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, empresario Editar o valor en Wikidata
Premios

Marc Birkigt, nado en Xenebra o 8 de marzo de 1878 e finado en Versoix o 15 de marzo de 1953, foi un enxeñeiro suízo en mecánica, pioneiro do automóbil e da aviación, e un dos fundadores da marca Hispano-Suiza en 1904.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marc Birkigt naceu en Xenebra, no barrio de Rousseau.[1] Os seus pais eran o xastre alemán Ernst Ludwig Birkigt e Louise Annen.[2][3] Cando tiña 2 anos de idade, morreu a súa nai, e o seu pai faleceu cando tiña 12 anos.[1] Ao ficar orfo de nai e pai, a súa avoa, Louise Annen-Maunier, coidou del e fíxose cargo da súa educación. En 1895, Birkigt comezou a estudar na Escola de Mecánica de Xenebra, e tres anos despois graduouse como Diplomado en Enxeñaría.[3] Máis tarde empezou a traballar en Thum, unha empresa de mecánica. En 1898 naturalizouse en Xenebra.

Despois de realizar o servizo militar, trasladouse a Barcelona (Cataluña), onde foi contratado por Emilio de la Cuadra para traballar na súa empresa, a Compañía General Española de Coches Automóviles E. de la Cuadra. Durante o tempo que estivo a traballar para esta empresa, Birkigt construíu o seu primeiro motor de explosión dun cilindro, e posteriormente construíu outro motor de dous cilindros. En 1901, a empresa de automóbiles La Cuadra entrou en bancarrota e pechou as súas portas. Após a quebra da empresa, Marc Birkigt regresou a Xenebra, onde coñeceu a Eugénie Brachet e casou con ela o 23 de novembro de 1901.[1] Con ela tivo un fillo, Louis Birkigt (nado en 1903) e unha filla, Yvonne Birkigt (nada en 1905).[1]

En 1902 regresou a Barcelona, e empezou a traballar como director técnico de J. Castro, Sociedad en Comandita, Fábrica Hispano-Suiza de Automóviles,[3] unha empresa que fundara o empresario lugués José María Castro (un dos principais acredores de Emilio de la Cuadra).[4] Na devandita empresa Birkigt chegou a deseñar automóbiles con solucións tecnolóxicas pouco comúns a comezos do século XX: caixa de cambios de catro velocidades, radiador niño de abella, e transmisión por cardán. Na empresa de Castro tamén construíu o seu primeiro motor de catro cilindros, que tiña 2.545 cc, unha potencia de 14 CV, e como novidade dúas árbores de levas, unha para a admisión e outra para o escape.[4]

O 14 de xuño de 1904, Francisco Seix, Damián Mateu e Marc Birkigt crearon La Hispano-Suiza, Fábrica de Automóviles, S.A., e Birkigt comezou a traballar na empresa como director técnico. En 1911, tras a creación da sucursal de Hispano-Suiza en Francia, Birkigt e a súa familia fóronse a vivir a París, onde comezou a dirixir a nova fábrica situada en Levallois-Perret. En 1913, finalizou o contrato de arrendamento dos locais que ocupaba a fábrica de Francia, e Birkigt tivo que encargarse de coordinar o traslado a outra nova fábrica, situada en Bois-Colombes.

Maison de Maître (tamén coñecida como Rive Bleu) en Versoix no lago Lemán, por encargo de Birkigt.

Tras o comezo da primeira guerra mundial en 1914, Marc Birkigt e a súa familia regresaron outra vez a Barcelona, e na fábrica española de Hispano-Suiza Birkigt empezou a traballar en motores de aviación, para ser montados en avións que despois serían entregados ás tropas aliadas na guerra. Birkigt chegou a desenvolver un motor lixeiro de avión con 8 cilindros en V a 90°, e cunha potencia de 150 CV. Despois de que finalizase a primeira guerra mundial, Birkigt e a súa familia volveron a París, onde Birkigt ocupou o cargo de vicepresidente da Societé Française Hispano Suiza, a antiga sucursal francesa de Hispano-Suiza, que en 1922 converteuse nunha empresa. Asemade, Birkigt traballou tamén como inventor e director técnico da empresa española e a empresa francesa.

Durante os anos 1930 asociouse con Michelin para crear o ferrobús Micheline.[5] En 1936 e despois de construír máis de 2.500 chasis, a Hispano-Suiza francesa foi nacionalizada polo Estado francés, e Marc Birkigt consagrouse á fabricación de motores de aviación e á construción de armas automáticas.

A tumba de Birkigt e da súa muller no cemiterio de Versoix.

En 1938 foise a Xenebra para facerse cargo co seu fillo, Louis Birkigt, da Hispano-Suiza (Suisse), S.A. Dous anos despois, en 1940, volveu a Barcelona co seu fillo, para traballar na Hispano-Suiza española no desenvolvemento do motor Tipo 66 para camións, de máquinas-ferramenta e do proxecto do canón Hispano-Suiza HS.404, que foi usado polos aliados na segunda guerra mundial.

Anos máis tarde, Birkigt foise a Suíza para traballar na Hispano-Suiza (Suisse), S.A, onde se comezarían a fabricar máquinas-ferramenta.

Marc Birkigt viviu os seus derradeiros anos en Rive-Bleue, en Versoix, e morreu o 15 de marzo de 1953, por mor dun cancro de pulmón.[3] Está soterrado xunto á súa esposa Eugénie no cemiterio de Versoix.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Marc Birkigt recibiu as seguintes condecoracións:[1]