María Teresa Miras Portugal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1948 O Carballiño, España |
Morte | 27 de maio de 2021 (73 anos) Madrid, España |
Profesora | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | bióloga, bióloga molecular, bioquímica, farmacéutica, profesora universitaria |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Oviedo |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Aurelio Miras Azor |
Irmáns | Aurelio Miras Portugal |
Premios | |
María Teresa Miras Portugal, nada no Carballiño o 19 de febreiro en 1948 e finada en Madrid o 27 de maio de 2021, foi unha científica galega, catedrática de bioquímica e bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia[1][2][3], sendo a primeira muller en presidir unha Real Academia.[4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou farmacia, primeiro na Universidade de Santiago de Compostela, para pasar a finalizar estes estudos na Universidade Complutense de Madrid con Premio Extraordinario e Premio Nacional da Licenciatura de Farmacia en 1971. Ademais, dende 1975 é Docteur Sciences pola Universidade de Estrasburgo, obtendo tamén o Doutoramento en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid. Dende 1982 é catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Universidades de Oviedo, Murcia e Complutense de Madrid. Dedicouse á investigación durante máis de 40 anos.[6]
Estaba especializada no estudo dos receptores de nucleótidos e a súa repercusión en doenzas neurodexenerativas, e a súa investigación diríxese fundamentalmente ás neurociencias (funcionamento sináptico, neurotransmisión mediada por nucleótidos, interacción de neurotransmisores etc.).
Publicou máis de 200 artigos de investigación en revistas especializadas, e compaxina o seu labor docente e institucional coa investigación. En 2012, foi nomeada presidenta do Comité de Expertos para o estudo da necesidade de reformas na universidade española.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A Xunta de Galicia concedeulle o Premio María Josefa Wonenburger Planells en 2008. Entre outros moitos premios e recoñecementos ó seu labor investigador e docente, no ano 2011 a Comunidade de Madrid concedeulle o Premio de Investigación Miguel Catalán, por toda a súa traxectoria profesional e, en 2016 recibiu a Medalla Castelao.[7] En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi filla de Aurelio Miras Azor e irmá de Aurelio Miras Portugal, estaba casada e tiña dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ranf.com (ed.). "Perfil na Real Academia Nacional de Farmacia". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 SEBBM (ed.). "La universidad española necesita una profunda revisión". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Tribuna Complutense (ed.). "Parece que en España no estamos orientados a obtener un beneficio de las ideas". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ "Fallece María Teresa Miras Portugal, la bioquímica ourensana que quiso cambiar la Universidad española". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-28. Consultado o 2021-10-19.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (2021-05-31). "Muere María Teresa Miras, la primera mujer en presidir una Real Academia". El País (en castelán). Consultado o 2021-10-19.
- ↑ madridmas (ed.). "En Ciencia sin imaginación se envejece rápido". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ "Medallas Castelao 2016", El Progreso.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco, Isabel (2021). Galegas na ciencia. Editorial Belagua. Ilustracións de María Lapido. ISBN 978-84-12-14336-2.