María Barcala
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1957 (67 anos) Vila de Cruces, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Familia | |
Cónxuxe | Xulio Lago |
Fillos | Aleixandre Lago Barcala |
María Barcala Porto, nada en Vila de Cruces o 15 de marzo de 1957, é unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1979 participou na fundación da compañía Teatro Da Mari-Gaila en Santiago de Compostela e con ela actuou en varias montaxes ata 1984 cando a compañía desapareceu. En 1984 participou na primeira montaxe do Centro Dramático Galego, Woyzeck de Georg Büchner. En 1985 e 1986 pasou unha temporada en Madrid participando no colectivo teatral Guirigai. Tras a súa volta a Galicia pasou a formar parte de Teatro do Atlántico e participou en producións do CDG como A noite vai coma un río de Álvaro Cunqueiro.
Participou en Divinas Palabras de José Luis García Sánchez. En 1992 actuou na mediometraxe de Antonio Francisco Simón, Un café de ollos verdes. Nos anos 2000 a 2001 interpretou a Isabel Losada na serie da TVG Rías Baixas.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva do concello de Padrón, 2016.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Xulio Lago Alonso, é nai de Aleixandre Lago Barcala.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Santiago, 11-2-2016, p. 11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Barcala Porto, María". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 54. ISBN 84-8064-113-4.