Saltar ao contido

María (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Virxe María, por Albrecht Dürer.

María[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o hebreo מרים Mīryām, adaptado ao grego como Μαριάμ Mariám ou María e ao latín como Maria.

En xaneiro de 2023, existían 36.711 mulleres en Galicia co nome María, cunha media de idade de 57,4 anos.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A etimoloxía deste nome é froito de debate, chegándose a propoñer multitude de orixes e equivalencias.[4] Na súa forma hebrea, Míriam está testemuñado no libro bíblico do Éxodo (posto por escrito contra o século -VI) como o nome da irmá de Moisés e Arón. A forma orixinal é claramente Mír-yam, mais de acordo coa lei de Philippi, un /i/ tónico en sílaba trabada dá lugar a /a/, de onde deriva por exemplo a forma aramea Maryam e de aí as formas grega, latina e árabe.

Variantes de María

[editar | editar a fonte]

En galego tamén ten as variantes Marisa, Maribel, Malena, Maica, Marián, Maite e Maruxa e gran cantidade de hipocorísticos Marica, Maruca, Miúca, Maúca, Mari, Maricha, Maica, Maca (con Carme), Marián (con Amparo, Antonia, Anxos), Mariló, Malores, Madó (con Dores), Malena (con Helena), Maribel, Mabel (con Isabel), Mariluz (con Luz), Marió (María do O), Marisol (con Sol), Marité, Maite (con Tareixa), Mariví (con Vitoria), Chus, Chusa (de María Xesús), Marisé (María Xosé) ou Marisa (María Luísa) etc.[2]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome María na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. elalmanaque.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]