Manuel Vázquez Fariña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | 11 de decembro de 1973 Mugardos, España |
Alcalde de Mugardos | |
10 de setembro de 1939 – 1944 | |
Alcalde de Mugardos | |
23 de xullo de 1936 – agosto de 1937 (destitución) ← Juan Prieto Balsa | |
Alcalde de Mugardos | |
agosto de 1935 – xaneiro de 1936 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Vázquez Fariña, finado en Mugardos o 11 de decembro de 1973,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado da Sociedad Española de Construcción Naval. Afiliado ao Partido Republicano Radical, foi elixido alcalde de Mugardos en agosto de 1935.[2] Cesou no cargo a principios de xaneiro de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde e Delegado de Orde Pública o 23 de xullo. Foi un dos principais responsábeis da represión en Mugardos nos primeiros meses da guerra xunto co xefe de Falange Esteban Cortizas Vilar.[4] Foi destituído polo gobernador civil en agosto de 1937 e desterrado a Vedra.[5] Volveu ser nomeado alcalde de Mugardos en setembro de 1939, tomando posesión o 10 de setembro.[6] En 1943 foi recibido por Francisco Franco en El Pardo para entregarlle a medalla de ouro da vila de Mugardos.[7] En xaneiro de 1949 os guerrilleiros Adolfo Allegue Allegue e Francisco Martínez Leira atentan contra el e o falanxista Arsenio Muñiz, a quen asasinan, logrando Manuel Vázquez saír indemne.[8]
Predecesor: Eugenio Rey Rey |
Alcalde de Mugardos 1935 - 1936 |
Sucesor: ? |
Predecesor: Juan Prieto Balsa |
Alcalde de Mugardos 1936 - 1937 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Mugardos 1939 - 1944 |
Sucesor: Jacobo Zárate |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-12-1973, p. 51.
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-8-1935, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-1-1936, p. 10.
- ↑ Domínguez Ferro, Manuel; Sobrino Ceballos, Juan J. (2004). "Riqueche. Vida e morte dun guerrilleiro antifranquista" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (11): 125–156. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ El Compostelano, 4-8-1937, p. 1.
- ↑ El Correo Gallego, 12-9-1939, p. 4.
- ↑ Pensamiento Alavés, 26-10-1943, p. 1.
- ↑ Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 16 de marzo de 2017.